Os dÃas 14, 15 e 16 de xuño, un fenómeno máxico apoderarase de novo de cada recuncho da nosa cidade, transformándoa por completo, enchéndoa de personaxes ancestrais que xa non deberÃan camiñar entre nós.
Velaà está a maxia do Arde Lucus, en retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico en primeira persoa. Mergúllate connosco na vida de Lucus Augusti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana, e percorre o seu recinto amurallado, onde gozarás dun pasado máis vivo ca nunca.