Fondo Arde Lucus Concello de Lugo
As citas do Arde Lvcvs Cvltvral desta semana: a terceira Cata con Baco, un obradoiro sobre o mito da medusa e o inico do taller de tambores

20-04-2019

Tres son as citas do Arde Lvcvs Cvltvral para esta semana. Concretamente hoxe xoves, 11 de abril, celébrase a terceira cata con Baco, o deus romano do viño. Impartida por Isabel Lozano Verdes, a partir das 20:00 horas no Vello Cárcere, esta actividade repetirase o último xoves de mes, tamén á mesma hora e no mesmo espazo municipal.

Para o sábado, esta programación ten preparado o inicio dos obradoiros de tambores, que serán todos os sábados, ata o 8 de xuño, das 10:30 ás 13:30 horas na Casa da Xuventude.

En xornada de tarde, terá lugar un obradoiro sobre O mito da medusa, impartido pola asociación de recración histórica Vestais de Lucus Augusti. Será das 17:00 ás 19:00 horas no Centro Arqueolóxico de San Roque, onde as persoas participantes poderán coñecer a historia da muller de cabelos de serpes que petrifica cunha mirada.

Para participar en calquera destas actividades, que son de balde, é preciso inscribirse a través do 010 ou no teléfono 982297350 para os de fóra de Lugo.

Tamén o sábado, a Casa da Xuventude acollerá de novo os talleres para facer un traxe para os festexos do Arde Lvcvs, que terá lugar todos os sábados, ata xuño, de 10:30 a 13:30 horas. Ademais, na Sala de Exposicións de Porta Miñá aínda se pode visitar a exposición sobre a evolución da armatura do retiario.