Fondo Arde Lucus Concello de Lugo
Arde Lvcvs 2019: 18 anos de historia viva que se celebrabrán con preto de 400 actividades

08-05-2019

O Arde Lvdvs arrincará o xoves 13

Arde Lvcvs cumpre este ano a maioría de idade, celebrando 18 anos de historia viva, 18 anos crecendo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, foron as encargadas de presentar este xoves, no patio central do Vello Cárcere, a programación do Arde Lvcvs, uns festexos para os que de novo se volcou o Concello, asociacións luguesas de recreación histórica e grupos de teatro. Ao acto tamén asistiu o o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, pois o organismo provincial colabora coa cita, así como representantes dos colectivos de recreación histórica e compañías de teatro do municipio.

No acto, Lara Méndez presumiu do que é verdadeiramente o Arde Lvcvs, \"sinal de ientidade, de orgullo e posta en valor o patrimonio. É exemplo de como un movemento social pode transformar as cidades e nos pode levar ao máis alto, como en 18 anos somos festa de Interese Turístico Galego, de interese turístico Nacional, e que xa ten sona internacional\". Así mesmo concretou que a programación deste ano chega casi ás 400 actividades, unhas 380, \"todas elas con esa rigurosidade que caracteriza a esta festa de recreación histórica\", para todos os públicos, e en distintos espazos destacados da cidade.

Méndez tamén quixo enxalzar o traballo das asociacións de recreación histórica de Lugo, \"alma mater desta festa\", cuxa familia aumenta este ano, sendo 18 asociacións.

O nome propio do Arde Lvcvs: Carmen Basadre

No acto, a Alcaldesa fíxolle un especial e cariñoso recoñecemento á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, nome propio do Arde Lvcvs, quen ideou estes festexos e que deixa un gran legado, ao longo dos seus 20 anos ao servizo público, para Lugo; que se materializa perfectamente nesta cita.

La concejala de Cultura, Carmen Basadre, que no pudo reprimir la emoción en la presentación, ha recordado que pertenecen \"a la asociación de fiestas y recreaciones históricas\". \"Estamos en la Federación Europea de fiestas y reconstrucciones históricas\", ha añadido. 

\"Con este bagaje contamos con cerca de veinte legiones, asociaciones, agrupaciones o tribus que nos van a visitar, entre ellas están; Sagunto, la legión de Arlex de Francia, de Italia, la federación de tropas de Cartagena, Astorga, Portugal, tierras cántabras, Xinzo de Limia, los dacios que por primera vez van a estar en la ciudad que son de Moldova, León, Puente Umbría\", ha enumerado.

Basadre ha incidido en que dichas asociaciones \"hacen que sean esa correa de transmisión\" que \"lleva a Lugo por el mundo y que sean cada vez más conocida\". 

O Arde Lvcvs arrincará o xoves 13, ás 21:00 horas, coa entrada das lexións ormanas ao mando do xeneral Caio Antistio, O Vello, e toma da cidade. Será na Ponte Romana. A continuación, tal e como avanzou Carmen Basadre, quen se  nas Termas Romanas, os augures bendicirán ás tropas e aos seus estandartes.