Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Arde Lvcvs MMXIX: os días 14, 15 e 16 de xuño

18-06-2018

A Alcaldesa definiu a edición destes festexos como \"unha fin de semana espléndida\", con gran \"éxito de convocatoria, de participación e de convivencia\". Trátase pois dun éxito colectivo de toda unha cidade\"

Lara Méndez e Carmen Basadre quixeron expresar o seu agradecemento ás asociacións de recreación histórica \\\"polo traballo, esforzo e vistosidade que lle dan á rúa\\\". Tamén tiveron palabras para a Policía Local, o servizo de limpeza, Bombeiros e Protección Civil

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este luns as datas da vindeira edición do Arde Lvcvs, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño de 2019; a fin de semana seguinte á Ofrenda do Corpus, referencia que se emprega para fixar no calendario a celebración desta festa de recreación histórica, declarada de Interese Turístico Nacional.

\"Unha fin de semana espléndida\". Así definiu a Alcaldesa de Lugo esta edición do Arde Lvcvs, facendo fincapé na boa resposta e acollida do novo emprazamento da Castra de Lvcvs Avgvsti, no corazón verde da cidade, a contorna do Parque de Rosalía de Castro. A rexedora tamén subliñou o \"éxito de convocatoria, de participación e de convivencia do Arde Lvcvs MMXVIII\", unha festa de rúa cun tránsito de persoas constante e continuo. Trátase pois \"dun éxito colectivo de toda unha cidade\", destacou Méndez.

Na liña do éxito tamén insistiu Carmen Basadre, que quixo enxalzar a integración e a relacións entre todos os colectivos de recreación histórica, dos locais cos nacionais e internacionais.

Tanto a Alcaldesa como a Concelleira de Cultura quixeron expresar o seu agradecemento ás asociacións de recreación histórica \\\"polo traballo, esforzo e vistosidade que lle dan á rúa\\\", así como ao resto das persoas e colectivos que dalgún xeito tomaron parte na organización para que de novo o Arde Lvcvs cumprira coas expectativas. Tamén tiveron palabras e unha especial mención á Policía, en especial á Local, ao servizo de limpeza, de Bombeiros e Protección Civil.

Audios