Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Asalto de romanos e castrexos aos establecementos comerciais e locais de hostalería de Lugo cos certames de decoración do Arde Lvcvs

19-04-2018

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería de Lugo, Cheché Real, presentaron este xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as bases que rexerán o concurso de decoración de escaparates de establecementos e o certame de ornamentación de locais de hostelería do Arde Lvcvs. Trátase de dúas iniciativas postas en marcha polo Concello en colaboración con ambos colectivos da cidade co obxecto de promover entre os locais e establecementos a decoración con matices romanos e castrexos, facéndoos máis atractivos, e ataviandóos de cara estes festexos, que terán lugar do 15 ao 17 de xuño, tal e como explicou Basadre.

Poderán participar todos os establecementos comerciais e locais de hostelería que se atopen no termo municipal de Lugo. As insrición, que son gratuítas, poderán facerse dende o 1 ao 20 de maio a través do teléfono 010.

Outorgaranse tres premios en cada certame, un primeiro de 1.000, un segundo de 500 e un terceiro de 300. Os escaparates terán que ser exhibidos, como mínimo, do 4 ao 17 de xuño, último día destes festexos de recreación histórica; ao igual que os locais de hosterían deberán estar decorados ao longo desas mesmas datas; e terán que acreditar a súa participación situando, nun lugar visible, o distintivo proporcionado polo Concello.

Un xurado profesional será o encargado de escoller os establecementos comerciais e locais gañadores. As persoas que conforman o xurado visitarán as instalacións para a valoración e concederán, segundo o seu criterio, os premios que consideren oportunos, reservándose a posibilidade de declarar desertos os que estimen convinte. Valorarase, entre outros aspectos, os materiais empregados, a dificultade do proceso de elaboración, a orixinalidade ou a vistosidade.

Seijas e Real coincidiron en agradecer ao Concello a organización desta iniciativa e animaron aos asociados a participar e preparar os seus locais e establecementos para ambientar e enxalzar unha festa máis que asentada, que busca ser declarada de interese internacional.

Menú oficial dos festexos
Este ano o Arde Lvcvs, por primeira vez, contará cun menú oficial, que se ofrecerá nos distintos establecementos hosteleiros da cidade, cun prezo libre. Estará composto por produtos da provincia e galegos, entre eles merluza de Burela. Basadre e Real convidaron aos establecementos a sumarse a esta iniciativa, que ofertará un menú distinto ano a ano co obxecto de difundir os produtos autóctonos.

Documentos
  • Bases do "Concurso de Escaparates Arde Lvcvs MMXVIII" | Descargar pdf
  • Bases do "Concurso de Decoración dos Locais de Hostelería Arde Lvcvs MMXVIII" | Descargar pdf
Audios
  • Carmen Basadre sobre o Concurso de Escaparatismo | Descargar mp3
  • Carmen Basadre sobre o Menú Oficial dos Festexos | Descargar mp3