Fondo Arde Lucus Concello de Lugo
Concello e Subdelegación do Goberno coordinan o dispositivo de seguridade do Arde Lvcvs

06-06-2019

Lara Méndez e Isabel Rodríguez copresidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá no Salón de Comisións, no que participaron mandos da Policía Local, Autonómica e Nacional, ademais de Protección Civil

A Alcaldesa, Lara Méndez, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá no Salón de Comisións da Casa Consistorial co obxectivo de preparar e coordinar o dispositivo de seguridade do Arde Lvcvsque terá lugar entre os vindeiros días 13 e 16 xuño. Nesta reunión tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con mandos da Policía Local, Autonómica e Nacional, así como de Protección Civil.

No encontro establecéronse as formas e os procedementos necesarios para conseguir unha coordinación eficaz entre as distintas forzas e corpos de seguridade coa finalidade de que os diversos actos programados, preto de 400, discorran con normalidade. Trátase de garantir que os e as lucenses e os milleiros de visitantes que viaxan a cidade durante estas datas poidan gozar destes festexos con absoluta tranquilidade, motivo polo que é fundamental sumar esforzos e planificar este dispositivo dende a prevención, entre distintas forzas de seguridade, tal e como manifestou a Alcaldesa ao remate da xuntanza. 

A rexedora e a subdelegada informaron de que, ademais das quendas, durante a festa de recreación romano castrexa haberá reforzos da Policía Local e Nacional, neste caso da Coruña.