Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       

COMO CHEGAR

Galicia é a Comunidade Autónoma situada máis ao Noroeste da Península Ibérica, e ten catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Xeográficamente, limita ol norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co Océano Atlántico e ao este co Principado de Asturias e Castela e León.

Lugo é capital de provincia e ocupa unha posición central respeto aos bordes norte e sur da mesma. É unha cidade de paso obrigado para todos os que entran en Galicia por estrada a través da vía de acceso norte.

 

COMO CHEGAR A LUGO: EN COCHE

Escolle o punto de partida en Google Maps: https://goo.gl/maps/juTn8eojBoivDGm88

 

COMO CHEGAR A LUGO: EN AVIÓN

Lugo non dispón de aeroporto, pero podes chegar rapidamente desde os aeroportos doutras provincias de Galicia. (+info en www.aena.es)

 

AEROPORTO DE LAVACOLLA (Santiago de Compostela)

Teléfono: (+34) 902 404 704 / (+34) 91 321 10 00

Email: scqweb@aena.es

Dirección: Lavacolla, s/n. 15820 Santiago de Compostela (A Coruña)

Distancia: entre 95 e 129 Km dependendo da ruta (1 hora e 15 min. aprox.)

SERVIZOS:

- Autobuses (línea Aeropuerto - Lugo). A empresa Freire une o Aeroporto de Santiago coas Estacións de Autobuses de Lugo e Santiago de Compostela. Consulta os horarios de saída e chegada na súa web (www.empresafreire.com), nos teléfonos (+34) 902 800 220 ou a través do seu correo electrónico infofreire@empresafreire.com

- Euro Taxi adaptado: parada Aeropuerto (+34) 981 535 154

- Radiotaxi: (+34) 981 569 292

- Alugueiro de automóbiles: Atesa | Avis | Europcar | Hertz | Enterprise Rent-A-Car | Sixt

 

AEROPORTO DE ALVEDRO (A Coruña)

Teléfono: 902 404 704 / (+34) 91 321 10 00

Email: webmaster.lcg@aena.es

Dirección: Rutis-Vilaboa. 15174 A Coruña

Distancia a Lugo: 90 km. (1 hora aprox.)

SERVIZOS:

Autobuses (liña Aeroporto - A Coruña). A empresa Cal Pita realiza os servizos de transporte de viaxeiros entre o aeropuerto e a Estación de Autobuses de A Coruña. Pode consultar os horarios de saída e chegada na súa web (www.autoscalpita.com), ou no teléfono (+34) 981 235 759.

- Autobuses (liña A Coruña - Lugo). Pode consultar os horarios de saída e chegada dos servizos de transporte de viaxeiros entre A Coruña e Lugo na estación de autobuses da Coruña (+34) 981 184 336.

- RadioTaxi: (+34) 981 243 333 Teletaxi: (+34) 981 287 777

- Alugueiro de automóbiles: Enterprise Rent A car | Avis | Europcar | Hertz | OK Rent A Car  | Sixt

 

AEROPORTO DE PEINADOR (Vigo)

Teléfono: 902 404 704 / (+34) 91 321 10 00

Email: CoordinacionVGO@aena.es

Dirección: Apdo. de Correos 1553. 36200 Vigo

Distancia a Lugo: Entre 180 e 200 Km. dependendo da ruta (2 horas e 10 min. aprox.)

SERVIZOS:

- Autobuses (liña Aeropuerto - Vigo)

A liña circular L-9A da Empresa Vitrasa realiza os servizos de transporte de viaxeiros entre o Aeroporto e a cidade. Pode consultar os horarios na súa Web (www.vitrasa.es) , ou no teléfono (+34) 986 291 600.

- Autobuses (liña Vigo - Lugo) Pode consultar os horarios de saída e chegada dos servizos de transporte de viaxeiros entre Vigo e Lugo na estación de autobuses de Vigo (+34) 986 373 411.

- Taxis: Central Radio Taxi  (+34) 986 470 000; Radio Taxi Vigo: (+34) 986 252 700; Radio Taxi Servizos (+34) 986 272 829; Sociedade Cooperativa AutoTaxi (+34) 986 296 957; Taxi Transfer (+34) 600 251 843

- Alugueiro de automóbiles:  Enterprise Rent A car  | Avis | Europcar | Sixt |

 

COMO CHEGAR A LUGO: EN TREN

Renfe é a empresa de servizos de transporte de viaxeiros que conecta as principais cidades de España. Pode consultar información detallada sobre recorridos, horarios e prezos na súa páxina Web (www.renfe.es) ou no teléfono (+34) 902 24 02 02.

Estación de FF.CC. de Lugo

Praza de Conde Fontao, s/n, C.P. 27003

Teléfono: (+34) 902 32 03 20

 

COMO CHEGAR A LUGO: EN AUTOBÚS

Estación de Autobuses de Lugo

Praza da Constitución, s/n (+34) 982 223 985

SERVIZOS:

- Radio-Taxi Lugo: teléfono (+34) 982 213 377