Fondo Arde Lucus Concello de Lugo

Días Horas Minutos Segundos

Os días 17, 18, 19 e 20 de xuño de 2021, un fenómeno máxico apoderarase, este ano, das nosass redes sociais, transformándoas por completo, enchéndoas de persoaxes ancestrais que xa non deberían camiñar entre nós. Velaquí a maxia do Arde Lvcvs, retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico en primeira persoa. Sumérxete con nós na vida de Lvcvs Avgvsti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana, e recorre o seu recinto amurallado, onde gozarás dun pasado máis vivo ca nunca.