Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
A Cohors III Lucensium viaxa a Rumanía para publicitar o Arde Lvcvs

20-04-2018

A Cohors III Lucensium viaxa a Rumanía para publicitar o Arde Lvcvs. Así o avanzaron este venres, no patio central do Vello Cárcere, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto a representantes desta asociación de recreación histórica.

Tal e como explicou o vogal de cultura e educación do colectivo, Eduardo Abel, son vinte membros da Cohors os que se van a desprazar á cidade de Alba Iulia para participar no festival de recreación Roman Apulum, invitados pola organización deste evento. O festival celebrarase entre os días 27 de abril e 1 de maio, e nel intervirán numerosas asociacións tanto da propia cidade, como doutras de Rumanía; así como de varios países europeos, entre eles Italia, Alemaña, República Checa, Ucraína, Bulgaria e España, sendo a Cohors a primeira asociación española invitada ao evento.

Para Carmen Basadre, supón "unha oportunidade maravillosa que a primeira das asociacións que se constituíu en Lugo ao abeiro do Arde Lvcvs, leve tanto a Lugo como ao Arde Lvcvs a Rumanía, para dar a coñecer a cidade a nosa festa, e traballar así no conseguimento de festa de interese turístico internacional".

O Roman Apulum celebra a súa sexta edición e a pesar do seu corto percorrido estase a converter en referente de recreación no leste de Europa.  No festival, a Cohors fará unha recreación de distintos movementos e formacións militares das lexións romanas tomando como base o adestramento militar das unidades máis pequenas (o contubernio), que xa puxeron en práctica no último Arde Lucus. Así mesmo estarán presentes nas batallas de romanos e dacios, nas que se xuntan máis de 300 recreacionistas.