Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
A familia do Arde Lvcvs aumenta nesta edición cunha nova asociación de recreación histórica luguesa: Lucus Icenas Miliatore

26-04-2019

Carmen Basadre presentou a este colectivo, formado por 11 mulleres, que representan á raíña Boudica

A familia do Arde Lvcvs aumenta nesta edición que cumpre os 18 anos, cunha nova asociación luguesa de recreación histórica, formada, nada máis nin nada menos, que por 11 mulleres.

Trátase de Lucus Icenas Miliatore, que representa á raíña da tribu icena britania, Boudica, que liderou aos pobos celtas britanos contra o asedio romano, gañando varias batallas. Son símbolo de forza e loita e irán caracterizadas de xeito moi colorido e vistoso.

Este novo colectivo foi presentado este venres pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, no patio central do Vello Cárcere, onde lles agradeceu o traballo, que xunto ao dos outros colectivos farán que os festexos sigan medrando, ata conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional.

Lucus Icenas Miliatore participará xunto ao resto de asociacións no desfile central do Arde Lvcvs, que se celebra todos os anos o sábado, en xornada de tarde. Ao longo da celebración da festa, do 14 ao 16 de xuño, tamén realizarán un obradoiro de maquillaxe para nenos e nenas.

Todas as mulleres interesadas en sumarse a esta asociación poden facelo a través do enderezo electrónico lucusicenasmiliatore@gmail.com.

Audio

  • A edil Carmen Basadre sobre a nova asociación do Arde Lvcvs Descargar mp3