Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Lara Méndez entrega os Civitas Honoris a persoas que axudaron a situar Lugo no mapa nacional e internacional da recreación histórica

11-06-2022

Os galardoados nesta edición foron Diego As, Enrique Alcorta, arqueólogo da Deputación Provincial de Lugo, Isabel Calvete, presidenta da Federación de ANPAS de Lugo e Antonio Madrid, presidente da AEFRH.

Durante a xornada, fíxose entrega duns agasallos a Senatus Lucus Augusti e Lucus Equites, polo seu décimo aniversario.

Ao acto asistiron asociacións de recreación histórica de Galicia, España e tamén do resto de xeografía internacional, entre eles Portugal e Reino Unido.a

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, entregaban esta mañá os Civitas Honoris, “distinción que vos queremos dar en agradecemento á promoción, implicación, colaboración e posta en valor da nosa cidade e do noso pasado romano a través do Arde Lucus, cita da que estamos moi orgullosos todos os lucenses” apuntaba a rexedora.

Os galardoados nesta edición, que recuperou o seu escenario habitual, a praza Maior, foron Diego As, en agradecemento “á promoción que o artista lucense está a facer da cidade a través das súas obras en todo o mundo” explicaba a rexedora, Enrique Alcorta, arqueólogo da Deputación Provincial de Lugo, en recoñecemento á colaboración que brinda a tódalas asociacións de recreación histórica; Isabel Calvete, presidenta da Federación de ANPAS de Lugo, destacando a forte implicación, participación e divulgación do Arde Lucus nos centros educativos de Lugo e Antonio Madrid, presidente da AEFRH, por ser un embaixador da nosa Festa de Recreación histórica.

“Estamos nunha etapa moi ilusionante porque queremos acadar o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional, a todos vos, grazas por axudar a situar Lugo, no mapa nacional e internacional da recreación histórica", finalizou Méndez.

Neste acto simbólico, organizado dende a Concellería de Xuventude, estiveron presentes: Mauricio Repetto, concelleiro responsable da área; o César e Paulo Fabio Massimo, encargados todos eles, xunto ca rexedora lucense, de entregar as distincións.

Durante a xornada, tanto Méndez como Repetto felicitaron e fixeron entrega duns agasallos a Senatus Lucus  Augusti e Lucus Equites, polo seu décimo aniversario e deron a benvida as asociacións de recreación que se achegaron a Lugo desde diferentes puntos de Galicia, España, tales como Astorga e Cartaxena; e tamén do resto de xeografía internacional, como foi o caso de Legio Vi Victrix desde Portugal e The Vicus re-enactment society de Reino Unido.