Arde Lvcvs
Fondo Arde Lucus Concello de Lugo
Plan de sinalización para o Arde Lucus 2018

13-06-2018

Con motivo dos actos do Arde Lucus 2018, o Gabinete de Tráfico deseñou un plan de sinalización específico para efectuar cortes ao tráfico rodado, con ocasión dos eventos máis importantes que terán lugar en diferentes puntos da cidade, durante a fin de semana do 15 ao 17 de xuño, ambos inclusive. Esta provisión de sinalización establecerase como segue:

Rúa Bispo Aguirre, confluencia Rolda da Muralla (peonil): 

1º.- 1 valo con sinal R-101. (Poderase utilizar tanto para o control de accesos como para prohibir a circulación cara a Praza Maior)

Control de accesos Porta de Santiago: 

2º.- 1 valo con sinal R-101.

Porta do Carme:

3º.- 1 valo con sinal R-101. 

Circo Romano: Restrición de entrada á explanada do Pavillón Municipal, desde o día 11 ata o día 20 de xuño.

4º.- 1 valo con sinal R-101 e R-403c, na confluencia da rampa de acceso ao Pavillón Municipal e rúa Santiago. (Deixarase o valo e taparase a sinalización de estacionamiento de autocaravanas o venres 8 de xuño). Establécese como lugar de estacionamiento alternativo o vial do polígono Sur K, fronte ao CETAL). Quedará cartelería coa ubicación.

Estrada Vella de Santiago-Ponte Romana-Calzada Romana: Venres 15, ás 20:00 horas, terá lugar a Entrada das lexións romanas ao mando do Xeneral Caio Antistio. Formaranse dúas comitivas, unha de romanos na Estrada Vella de Santiago, xunto á panadería Migas, e outra de castrexos en Calzada da Ponte, fronte ao Mesón da Calzada. Dirixiranse cara a Ponte Romana, onde se enfrontarán ambas lexións. A continuación a comitiva trasládase ata o Hotel Balneario (Termas Romanas), e para iso será necesario impedir o estacionamento na explanada Paseo da Ponte, xunto á entrada de Ponte Romana e no acceso desde o lavadoiro ata o Balneario. É preciso cortar o tráfico nos puntos seguintes:

5º.- Estrada Vella de Santiago con acceso á Ponte Branca-Polusa: 2 valos, un con sinal R-101 
6º.- Rúa Fermín Rivera con rúa Vella da Ponte: 1 valo con sinal R-101 e R-400a

7º.-Estrada Vella de Santiago con acceso á variante N-VI: 2 valos, un con sinal R-101 e outro con R-400a para impedir a circulación sentido Ponte Romana.

8º.- Entrada explanada Paseo da Ponte: 2 valos, un con sinal R-101 e outro con R-307 e letreiro: Prohibido o estacionamento a partir das 14:00 horas do día 15-06-17 (actos Arde Lucus)

9º.- Acceso Balneario desde lavadoiro: 2 valos con letreiro de Prohibido o estacionamento a partir das 14:00 horas do día 15-06-17 (actos Arde Lucus) e 4 trípodes R-307 de reforzo para prohibir ambos lados.

Avenida da Coruña (desfile colexios): Sábado 16 de xuño, ás 17:15 horas, un grupo de alumnos e alumnas do Colexio Salesianos, partirá desde a Praza da Milagrosa, por rúa Mallorca, Avenida da Coruña, San Fernando, San Marcos, Santo Domingo, Raíña, Praza Maior, Praza Santa María e Pío XII, ocupando o carril dereito segundo o sentido da marcha, o que obrigará a cortar o tráfico rodado por rúa Mallorca, deixando para iso a seguinte sinalización:

10º.- Avenida da Coruña con rúa Mallorca: 1 valo con sinal R-101.
A continuación saen desfilando por rúa Vilalba, Rodríguez Mourelo, Parque Rosalía e costas do parque. 

Aparcadoiro Seminario: Colocación dun letreiro (o luns 11 pola mañá) informando aos usuarios e usuarias da restricción de aparcamento no interior do mesmo desde o mércores día 13, a partir das 15:00 horas, ata as 24:00 horas do luns día 18.

Rúa Anxo López Pérez: Sábado 16 de xuño, sobre as 18:00 horas e por un espazo aproximado de media hora, cortarase o tráfico rodado á altura de Praza Xaquín Lorenzo (asalto ao Monte Medulio no campamento de Trebas Galaicas) situado en Cantiño Nemesio Cobreros. 

11º.- Rúa Anxo López Pérez con Xaquín Lorenzo (antes HH. Pedrosa): 2 valos, un con R-101 e outro con R-400b para que o tráfico de Ramón Ferreiro continúe cara a Rodríguez Mourelo.

12º.- Praza Xaquín Lorenzo: 2 valos, un con R-101 e outro con R-400a para que o tráfico de rúa Vilalba e Rodríguez Mourelo continúe por Ramón Ferreiro.

Rolda da Muralla (corte por desfile): Sábado 16, sobre as 20:30 horas terá lugar o desfile de tropas romanas e tribos castrexas por Rolda da Muralla. A comitiva comezará a formarse ás 20:00 horas no tramo da Ronda, entre Bispo Odoario e Porta Santiago. O desfile, que comezará sobre 20:30 horas, continuará por Rolda Muralla, incluído o tramo peonill, darán unha volta completa á mesma e a continuación entrarán por Porta Santiago cara a Pío XII.

Para establecer os desvíos e efectuar este corte da Rolda da Muralla, a Brigada de Sinalización procederá á provisión de valos e sinais nos seguintes puntos:

13º.- Rúa Anxo López Pérez con Praza Constitución: 2 valos, un con sinal R-101 e outro con R-400a para desviar a circulación por rúa Cidade de Vigo.

14º.- Praza Constitución con Rolda Muralla (Semáforo): 1 valo con sinal R-400a. 

15º.- Rúa Hermanitas con rúa Cidade de Vigo: 1 valo con letreiro ATENCIÓN ROLDA MURALLA CORTADA POR DESFILE.

16º.- Rúa San Roque con rúa Emila Pardo Bazán: 1 valo con sinal R-400a 

17º.- Rúa San Roque con Mártires de Carral: 2 valos, un con sinal R-101 e outro con sinal R-400b

18º.- Praza do Rei con rúa San Roque: 1 valo con letreiro informativo: ATENCIÓN ROLDA MURALLA CORTADA POR DESFILE.

19º.- Rúa Nicomedes Pastor Díaz con rúa Rafael de Vega: 1 valo con sinal R-101 e R-400b
20º.- Rúa Nicomedes Pastor Díaz con Rolda da Muralla: 1 valo con sinal R-101

21º.- Rúa Miguel de Cervantes con Escalinata da Estación: 1 valo con sinal R-101

22º.- Rúa de Castelao con Escalinata da Estación: 1 valo con sinal R-400a

23º.- Rúa Bolaño Rivadeneira con rúa Quiroga Ballesteros: 1 valo con sinal R-101

24º.- Rúa Luís Cordeiro con rúa Miguel de Cervantes: 1 valo con sinal R-101

25º.- Rúa do Conde con rúa Monforte: 2 valos, un con sinal R-101 e outro con sinal R-400b
26º.- Avda. da Coruña con rúa Concepción Arenal: 2 valos, un con sinal R-101 e outro con sinal R-400a

27º.- Rúa Camiño Real con rúa Concepción Arenal: 1 valo con sinal R-101

28º.- Rúa da Xesta con rúa Concepción Arenal: 1 valo con sinal R-101

29º.- Rúa Anduriñas con Praza Bispo Odoario: 4 valos, un con sinal R-101 e outro con sinal R-400a

30º.- Praza Fonte dos Ranchos con rúa Chantada: 3 valos, un con sinal R-101 e outro con sinal R-400b

31º.- Poeta Ramón Cabanillas con Dr. Gasalla: 1 valo con letreiro ATENCIÓN ROLDA MURALLA CORTADA POR DESFILE.

32º.- Rúa Chantada con rúa Xermán Alonso: 1 valo con sinal R-400b

33º.- Rolda Muralla con rúa Chantada: 1 valo con R-101 e R-400b 

34º.- Rúa Poeta Noriega Varela con rúa Monte Picato: 1 valo con sinal R-101 e R-400b

35º.- Rúa Poeta Noriega Varela con Rolda da Muralla: 1 valo con sinal R-101

36º.- Rúa Santiago con Rolda Muralla e Cidade de Vivero: 1 valo con R-101

37º.- Rúa Santiago con Frai Plácido Rei Lemos: 1 valo con R-101

38º.- Rúa Santiago con Calzada da Ponte: 1 valo con R-101

39º.- Rúa Santiago con República Arxentina: 2 valos, unha con R-101 e outra con R-400b
40º.- Rúa Puro Cora/Pascual Veiga: 1 valo con sinal R-101 e R-403c

41º.- Rolda Muralla/rúa Teatro: 2 valos, un con sinal R-101 e outro con R-400a 

De ser necesario efectuar cortes do tráfico rodado en momentos puntuais na Avda. de Ramón Ferreiro, tramo comprendido entre Gran Hotel e rúa Anxo López Pérez, procederase á provisión da seguinte sinalización:

42º.- Ramón Ferreiro con Celso Emilio Ferreiro: 2 valos, un con sinais R-101 e R-400a

43º.- Ramón Ferreiro con Salvador de Madariaga; 2 valos, un con sinais R-101 e R-400b

Desfile Colexios: Domingo 17, ás 10:45 horas saída de escolares do colexio Salesianos de Praza da Milagrosa, Camiño Real, Rúa Nova, Bolaño Rivadeneira, Praza de Ferrol e San Marcos (acompañados por dous axentes a pé). A continuación, sobre as 11:05 horas, desde a Praza de Ferrol sairá o desfile dos Colexios por Praza de San Marcos, Santo Domingo, Raíña, Praza Maior, baixada polos cantóns, Bispo Aguirre, tramo peonil da Rolda, Rolda da Muralla ata San Fernando, accedendo ao interior de Muralla por San Fernando.