Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Presentación da moeda oficial castrexa do Arde Lucus 2022

25-05-2022

Habemus MOEDA OFICIAL CASTREXA do Arde Lucus 2022, que este ano destaca a figura dos mercenarios desprazados desde a península a Italia durante as segundas guerras púnicas!

Coñece a moeda:
A moeda de bronce foi acuñada o redor do s. II a.c. en Siracusa.
Os textos clásicos indican que durante as segundas guerras púnicas era habitual o recrutamento de mercenarios procedentes de Hispania, coñecidos pola súa bravura, para a defensa das cidades contra a ameaza do poder romano.
Siracusa foi unha das derradeiras cidades en caer baixo o dominio romano, xa que un exército de mercenarios mandado por Moericus defendeu o seu porto ata o momento no que xa non había posibilidades de vitoria, cando pactaron co exército romano permitindo a entrada das tropas romanas.
En gratitude a este acto, a República romana cedeulles o control da cidade e permitiulles a acuñación de moedas.
No anverso da moeda vemos a cabeza de Minerva con casco corintio e "cimera" á esquerda, encima a letra N e debaixo a inscrición Amhais20
No reverso da moeda temos un xinete lanceiro con casco e clámide á dereita e debaixo a inscrición Hispanorum.

SABÍAS QUE...
Esta é a primeira moeda coa lenda Hispanorum que fai referencia á orixe hispana destes mercenarios.

 Faite con ela (2 euros)!
Yute confecciones, na Rúa Nova 48
Inmobiliaria Predio.es, na Rúa Salvador de Madariaga 3
Durante o Arde Lucus no campamento da Asociación Mercenarios Galaicos (Praza Horta do Seminario)