Fondo Arde Lucus Concello de Lugo

LUGARES DE INTERESE

Catedral de Santa María: a actual catedral de Lugo é a segunda máis grande de Galicia, despois da de Santiago de Compostela. Empezouse a construír no ano 1129, e conserva da obra románica orixinal os brazos do transepto, as tres naves coa súa triforio e a bela porta Norte. Máis tarde, os tres ábsidas primitivos foron substituídos por cinco de estilo gótico e con deambulatorio. No século XVIII engadiuse unha espléndida capela barroca: a da Virxe dos Ollos Grandes, obra de Fernando de Casas, arquitecto tamén da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago. A fachada é neoclásica. Son tamén notables o altar maior neoclásico, coa exposición permanente do Santísimo Sacramento, a sillería do coro -feito por Francisco de Moure a principios de século XVII-, e o claustro, tamén de Fernando de Casas, de principios do XVIII.

Camiño Primitivo: considerado a primeira ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, en 2015 foi recoñecido pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. A maior parte do traxecto discurre por trazados de calzadas romanas

Casco Histórico: o casco vello da cidade está repleto de vestixios arqueolóxicos relacionados coa cidade romana (piscina romana, acueducto romano, praza de Santa María, praza do Campo e barrio do Miño, pazo da Deputación, praza Pío XII, Praza Maior, praza do Campo, Rúas da Raíña, Progreso, San Marcos, casa do Concello, campo Castelo) 

Igrexa de San Froilán: Patrón de Lugo, é unha obra barroca, así como a capela de San Roque

Igrexa de San Pedro: Ademais da igrexa, das edificacións do convento consérvanse a cociña, o refectorio e o claustro, actualmente integrados no Museo Provincial. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1931 

Igrexa de Santo Domingo: Excelente obra do gótico mendicante, vinculada outrora ao convento dos dominicos, hoxe de monxas de clausura.

Parque de Rosalía de Castro, dedicado á poetisa galega.

Termas romanas: restos do antiguo balneario romano situado na beira do río Miño, preto da ponte romana. Declaradas Monumento Histórico-Artístico en 1931, hoxe forman parte das instalacións do Hotel Balneario de Lugo 

Ventás arqueolóxicas: piscina romana en Santa María, restos do acueducto en San Marcos, mosaicos en Doutor Castro ou muros dun edificio debaixo de Santo Domingo.

Vello Cárcere: proxectado polo arquitecto Nemesio Cobreros no 1878 convértese no segundo cárcere modelo do estado e no primeiro pertencente á orde panóptica. Hoxe está reconvertido nun dos centros de referencia cultural e turístico da cidade

Vía XIX e Ponte romana: A vía XIX do Itinerario de Antonino, construída a principios do século I da nosa era, que unía Lucus Augusti con Bracara Augusta, inicia o seu curso na Porta Miñá e segue en continuo descenso ata a ponte sobre o río Miño, por un traxecto fosilizado no vello camiño do Rego dos Hortos. Para cruzar o río, os romanos construíron unha gran ponte de granito, da que se conservan partes da fábrica orixinal romana 


MUSEOS

Casa dos Mosaicos: musealización in situ dos restos dunha gran domus romana.

Centro Arqueolóxico de San Roque: musealización in situ dos restos dunha necrópole romana.

Centro de Interpretación da Muralla, con restos arqueolóxicos e instalación audiovisual. Anexo á Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.

Museo Diocesano, no triforio da Catedral, con arte relixiosa e importantes restos arqueolóxicos como o Crismón de Quiroga e os relevos visigóticos das Saamasas.

Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), de recente creación, nun vangardista edificio soterrado no Parque da Milagrosa.

Museo Provincial de Lugo, rico en restos epigráficos e escultóricos romanos, e cunha importantísima colección de ourivaría prerromana, da Idade de Bronce e da Cultura dos castros. Situado na Praza da Soidade.

Museo Universitario A Domus do Mitreo: musealización in situ dos restos dunha casa romana cun notabilísimo templo de Mitra.

Sala de Exposicións \\\\\\\'Porta Miñá\\\\\\\', con restos arqueolóxicos do Lugo romano, xunto á Porta Miñá, a mellor conservada da muralla. 


RUTAS

As ribeiras Altas, Miño Arriba: 11 km, ida e volta, polas dúas ribeiras do río represado por varios caneiros ou pesqueiras con notable presencia de prados e pastizais sempre verdes

Paseo do rato: Camiñata de 4 km, a carón da cidade, desde a ponte do ferrocarril á confluencia co Miño por camiños axardinados entre carballos

Miño Abierto río abaixo: 3 km á beira do río ancho e remansado, desde as termas romanas ata a desenbocadura do Rato no que se poden ver Interesantes caneiros ou antigas pesqueIras

O vello Lugo Agrario: ruta circular de 5 km con saída desde o templo romano de Bóveda, pasando pola igrexa románica de Bacurín

O río dos muíños: 4 km polas ribeiras do último tramo do río Mera, entre carballos e bosques mixtos con muíños e pequenas presas


CERCA DE LUGO

Castro de Viladonga: espectaculares restos dunha aldea fortificada da cultura dos castros, que dominaba Galicia antes da conquista romana e que seguiu florecendo aínda durante varios séculos. Cun excelente museo temático.

Templo romano de Santa Eulalia de Bóveda: pequeno recinto cunha piscina central, relacionado co culto ás augas. Trátase dun monumento con escasísimos paralelos no territorio do Imperio. Soterrado durante séculos, foi descuberto en 1926, e conserva unhas ricas pinturas murais tardorromanas na bóveda.

Río Miño, ao pé de Lugo, e os seus afluentes o Intre e o Mera, definen un territorio inmediato á cidade con espléndidas paisaxes agrarias, abundante en robledales e fragas (bosques mixtos de árbores caducifolios).