Fondo de la web Logotipo Arde Lucus Logotipo Concello de Lugo
Listado de los idiomas
       
Recoñecemento de Lvcvs Avgvsti ao laborioso e fidedigno traballo das 44 asociacións de recreación histórica que participan no Gran Desfile do Arde Lvcvs

16-06-2018

Lara Méndez e Carmen Basasdre recibion este sábado a todas as tropas e lexións, nun acto no que tamén houbo distincións para entidades colaboradoras e patrocinadores, así como para Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N`og, que cumpren 10 anos

Lvcvs Auvgvsti recoñeceu este mañá o laborioso e fidedigno traballo das 44 asociacións de recreación histórica que participan no Gran Desfile do Arde Lvcvs, unha das actividades máis clásicas e con máis éxito de público destes festexos. O Concello homenaxeou tanto ás 17 asociacións locais, como ás 17 do resto de Galicia, do territorio español e europeo, como Francia, Italia, Rumanía ou Portugal, que se achegan esta fin de semana á cidade.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiron este sábado a todas as tropas e lexións, nun acto no fondo da Praza Maior, xusto ao lado dos fundadores da cidade, ao que tamén asitiu o César Augusti, Paulo Fabio Máximo e Caio Antistio.

Neste acto tamén houbo distincións para patrocinadores e entidades colaboradoras destes festexos, declarados de Interese Turístico Nacional, como a Deputación de Lugo, Estrella Galicia ou Viaria Regium, así como para o colectivo español e europeo de asociacións de festas e manifestacións históricas. O Concello tamén quixo homenaxear a Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N`og, que cumpren 10 anos traballando no Arde Lvcvs, ao igual que fixera o pasado ano coa Cohors III Lucensium.

Ao longo da fin de estama, o Concello e as 17 asociacións de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos teñen preparadas máis de 350 actividades dirixidas a todos os públicos, o 90% delas novidosas. Nesta segunda xornada celebrarase o Asalto ao Monte Medulio, a sesión do Circo Medulio, e terá lugar un espectáculo de lume e auga, Divinivm, ás 23:55:00 horas. Animación de rúa, desfiles, bautizos e vodas celtas ou teatro son outras das actividades coas que se pode gozar ao longo deste sábado.

Máis información en www.ardelucus.com ou www.lugo.gal