NOTICIAS

Reparada a biga da Praza Maior

O Concello de Lugo vén de reparar a biga que simboliza un carro romano situada ao fondo da Praza Maior, unhas actuacións que realizou o Consello do Ferro por mor do mal uso desta figura, ao que soamente se poden subir os máis cativos. Os traballos consistiron en endereitar as barras existentes e engadir unha máis, o que contribuirá á resistencia desta obra lúdico-escultórica. Ademais, procedeuse ao cambio dos resortes e a reencher os estribos, un reforzo armonioso co resto da figura.
 
A entidade local pide responsabilidade no seu uso, tanto aos lucenses como aos visitantes, ante a rotura desta peza que simboliza o pasado romano da cidade.