NOTICIAS

Presentación do Arde Lucus 2017

Este luns ás 12 horas tivo lugar a presentación do Arde Lucus 2017 por parte de Lara Méndez (alcaldesa de Lugo) Carmen Basadre (concelleira de Cultura) e Darío Campos (presidente da Deputación de Lugo)

 

Lara Méndez destacou o impacto económico que ten para a cidade de Lugo esta festa declarada Festa de Interés turístico Nacional xa que xenéranse en só 3 días 12 millóns de euros directos, e que ademais é unha das festas máis importante de recreación histórica de España.

 

Este ano introdúcense 40 actividades novidosas, puntualizou Carmen Basadre, entre as que se inclúen actos deportivos sen esquecer as actividades que sempre acompañaron esta festa como o circo romano ou as loitas de gladiadores.

 

Este ano participan 44 asociacións da cidade de Lugo e de outros lugares como Cantabria, Navarra e incluso países como Rumanía ou Italia. Lara Méndez agradeceu a todas elas a súa participación facendo especial mención as 18 que foron fundadas en Lugo e que comezaron i anos atrás facendo posible que o Arde Lucus crecera como festa.

Por outra banda Carmen Basadre fixo a presentación do programa das festas nomeando as novidades como  un altar disposto nas Termas Romanas como ofrenda as Ninfas ou tamén ‘No miúdo Arde’  cactividades para nenos, tamén quixo destacar que todas as asociacións de teatro de Lugo fan unha obra na rúa con motivo destes días de volta ao pasado, enriquecendo aínda máis estes 3 días con máis de 300 actividades programadas, onde entre elas están as xa coñecidas vodas romanas e celtas das que cada ano se celebran unhas 300.

Neste acto non faltaron os agradecementos as diferentes asociacións e empresas que dun xeito ou outro colaboraron no Arde Lucus 2017 así como o agradecemento a Darío Campos que tamén dirixiu unhas verbas os presentes asegurando que a Deputación de Lugo seguirá colaborando co Concello para os vindeiros Arde Lucus.