NOTICIAS

Concurso de postais do Arde Lucus 2017

Temos boas novas! Con motivo da festividade do Arde Lvcvs hoxe comeza un concurso para crear a postal do Arde Lvcvs!

Terás que compartir connosco unha imaxe que represente o Arde Lvcvs coa frase "Visita Lugo en Arde Lvcvs" na túa rede social preferida e etiquetándonos:

  • Facebook: @ardelucuslugo
  • Twitter: @ardelucus
  • Instagram: @ardelucus

Unha vez compartas a túa imaxe con nós en calquera das redes sociais anteriores nós subiremola ao Facebook oficial nun álbum onde se levará a cabo a votación

Isto é todo o que precisas saber sobre o concurso:

Duración

Do martes 13 de xuño ás 15:30 ao martes 20 de xuño ás 15:30 horas. 

Método de votación

As dúas postais con máis votos positivos no álbum creado en Facebook (Con gústame e encántame)

Premios

1º premio: dous vales de comida nos postos do Arde Lvcvs

2º premio: Libro Lvcvs Augusti

Recollida de premios

Unha vez finalice o concurso e se realice o reconto e as comprobacións necesarias, publicaremos as dúas postales gañadoras e contactaremos cos seus autores para indicarlles cando e onde recollerían o seu premio.

Importante

Todas as imaxes deben ser túas, calquera imaxe de terceiros ou con dereitos de autor no serán válidas y serán descartadas.

Accede ao álbum Aquí

Agardamos ás túas imaxes sobre esta fermosa festa de recreación histórica que é o Arde Lvcvs!