NOTICIAS

Que visitar en Lugo

Lugo é a cidade máis antiga de Galicia, foi fundada no século 25 a. C. debido a isto ten sobre o seu terreo unha gran cantidade de historia en forma de edificacións e restos da súa etapa romana.Por todo lucense é ben sabido que nesta cidade cando se escava sempre se atopa algo que o tempo deixou agochado como o acueduto da Praza de San Marcos.

 

E para que coñezas o noso pasado deixámosche 6 lugares que visitar na cidade amurallada. Vamos aló!

 

LUGARES PARA DESFRUTAR LUGO

 

  1. A Muralla romana: como non, esta ten que ser a túa primeira visita. É a única muralla romana que se conserva enteira no mundo e só por isto merece a pena vir a vela!E, por suposto, non te esquezas de subir ata o seu adarve e contemplar a Lucus Augusti.

 

  1. O centro de Lugo: saíndo do Centro de Interpretación da Muralla podes dirixirte a praza de Santa María, subir pola rúa da Cruz, cruzar a praza do Campo e acabar viaxando pola rúa Nova. Sabes que esta porta da Muralla é unha das cinco que data do século da súa construción? Algunhas foron abertas moito despois de que os romanos fixeran a Muralla.

 

  1. A ponte romana (ou ponte vella) está un pouco lexos do centro, pero vale a pena: é un dos lugares máis fermosos da nosa cidade, atópase nun enclave único. A ponte romana foi construída no século I e atravesa o río Miño. Fai uns anos que foi rehabilitada e que se fixo peonil… así poderás pasear por ela e, incluso, gozar dun atardecer fermoso vendo como as luces de Lucus Augusti se reflicten no río máis importante da comunidade autónoma galega: o Miño.

 

  1. As Termas romanas: cerquiña desta ponte atópase o Balneario de Lugo, situado aquí polas termas romanas, sen dúbida un atractivo turístico para a cidade amurallada. Estas termas foron construídas ao compás da Lucus Augusti e é un dos tesouros máis importantes da historia romana da cidade. Podes consultar os horarios de visita na páxina web do Balneario de Lugo.

 

PARA APRENDERSE LUGO

 

  1. Templo de Mitra: antes de ir de viños pola rúa Nova, fai un alto no camiño. Achégate ata a Praza Pío XII, que é onde se atopa este templo dedicado ao culto da deusa Mitra, xunto con este descubrimento tamén se atopou unha domus e un lenzo completo da muralla baixo imperial. 

 

  1. O Centro de Interpretación da Muralla: vai no lote do anterior punto, para coñecer mellor a nosa cidade, terás que facer esta parada. Aquí explicaranche a historia e a influencia do monumento romano na cidade de Lugo ao longo da historia. Non te arrepentirás.