NOTICIAS

Concurso de recordos Arde Lucus

Hoxe traémosche un novo concurso para que a espera ata o Arde Lucus 2017 sexa menor. Queremos que nos digas como foi o teu Arde Lvcvs perfecto, o momento que con máis ledicia recordes.

Para iso terás que compartir connosco unha imaxe que recorde o teu mellor Arde Lucus coa frase "o meu Arde Lvcvs perfecto” ou "Mi Arde Lvcvs Perfecto" na túa rede social preferida e etiquetándonos:

  • Facebook: @ardelucuslugo
  • Twitter: @ardelucus
  • Instagram: @ardelucus

Crearase un álbum no Facebook con todas as imaxes. As gañadoras serán as dúas imaxes con máis votos positivos ("Gústame’’ ou "Encántame")

Todas as imaxes serán descargadas e subidas ao álbum creado en Facebook para tal ocasión, independientemente da rede social escollida para compartir a túa fotografía.

 

Duración do concurso:

 Do mércores 21 de xuño ás 15:30 ao mércores 28 de xuño ás 15:30

 Método de votación.

 As dúas imaxes con máis votos positivos no álbum creado en Facebook:

  • Gústame
  • Encántame

 Premios:

 Primeiro premio: 2 entradas dobres para o Circo Romano + unha máscara

 Segundo premio: 2 entradas dobres + 1 colgante máscara

 Terceiro premio: 1 entrada dobre + 1 colgante

Importante:

Todas as imaxes deben ser túas, calquera imaxe de terceiros ou con dereitos de autor no serán válidas e serán descartadas. 

Podes acceder o álbum aquí

Agardamos a túa imaxe para recordar os demais Arde Lvcvs con ledicia!