NOTICIAS

O Arde Lucus batalla contra o sexismo

O Goberno de Lugo puxo en marcha unha campaña co obxectivo de fomentar a importancia de cortar co machismo en todos os espazos, incluíndo tamén estes festexos

 

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha a campaña Arde Lucus Libre de Sexismo, cuxo obxectivo é fomentar a importancia de cortar co machismo e co sexismo en todos os espazos, incluíndo tamén estes festexos.

A iniciativa do Goberno de Lugo pide non invadir o espazo de ninguén sen o seu consentimento e lembra que o alcohol non xustifica as condutas de abuso, que os piropos e os chistes homófobos, misóxinos, tránsfobos e lesbófos son intolerantes, e que ningunha caracterización é unha invitación ao acoso. Así mesmo recorda non facer comentarios e tocamentos nin calquera outro comportamento sen permiso.

 

Un saúdo

GABINETE DE COMUNICACIÓN