NOTICIAS

Concurso fotografía Arde Lucus MMXVII

Este concurso está orientado aos amantes da fotografía que vivan a festa Arde Lucus MMXVII. Para poder participar unicamente é necesario ser seguidor da páxina oficial de Facebook do Arde Lucus fb.com/ardelucuslugo e de a de Almacen Fotográfico González fb.com/gonzalezalmacenfotograficomayorista e enviar un máximo de tres fotografas tomadas durante o fin de semana de celebración da festa, entre o 30 de Xuño e o 2 de Xullo de 2017 enviando fotografías que mostren como vive a xente a festa.

As fotografías non deben ter ningún tipo de retoque nin marca de auga e deben ser enviadas á dirección de correo electrónico info@gonzalezalmacen.com para poder participar, neste correo electrónico de inscrición débese incluír o nome real, un número de teléfono de contacto, o nome de usuario en Facebook, e as fotografías coas que queres participar, un máximo de 3.

As fotografías serán cedidas ao Concello de Lugo e a Almacén Fotográfico González, podendo utilizalas como fin promocional pero nunca comercial.

O prazo para enviar as fotografías finaliza o Venres 7 de Xullo ás 14:00 horas.

As fotografías gañadoras serán escollidas por un xurado formado por profesionais da fotografía, o Concello de Lugo e González Almacén Fotográfico.

PREMIOS

Ás tres mellores fotografías outorgaránselles os seguintes premios:

Primeiro premio: Unha cámara Olympus omd-m10 mark ii

Segundo premio: Unha cámara Olympus tough TG-TRACKER

Terceiro premio: Un vale de compra de 150€ para trocar en calquera produto da tenda online www.gonzalezalmacen.com

A entrega dos premios farase nun acto de entrega oficial (nunha data a determinar polo Concello de Lugo), ademais da difusión da noticia na web e nas redes sociais de Arde Lvcvs así como nas propias de González Almacén Fotográfico. 

As mellores fotografías exhibiranse nunha exposición con data e lugar a determinar polo Concello de Lugo, e nelas farase referencia ao autor das mesmas.

RESTRICIÓNS

1) Aquelas persoas que desexen concursar deben enviar obrigatoriamente un correo electrónico á dirección info@gonzalezalmacen.com, sendo un requisito imprescindible para participar. Neste correo electrónico débese incluír o nome real, un número de teléfono de contacto e o nome de usuario en Facebook así como un máximo de 3 fotografías tomadas durante o Arde Lucus MMXVII.

2) Non son válidas fotografías con accións prexudiciais para animais ou que involucren alusións explícitas ao alcol, tabaco, drogas, actividade sexual ou de risco.

3) Calquera outra circunstancia non contemplada será avaliada polos organizadores do concurso. 

ORGANIZADORES

González Alamacén Fotográfico Almacenista S.L.U. con domicilio na rúa López Guntín, nº8 Baixo e NIF B-27366921 é o organizador deste concurso contando coa colaboración do Excmo. Concello de Lugo así como a marca Olympus coa finalidade de fidelizar ás súas respectivas comunidades de fans e potenciar o interese por a festa Arde Lucus.

DESVINCULACIÓN CON RESPECTO A FACEBOOK

Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún este concurso, nin está asociado a el. O usuario desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está a proporcionar a súa información ao Concello de Lugo e a González Almacén Fotográfico Almacenista S.L.U. e non a Facebook. A información que proporcione só se utilizará para tramitar a participación do concursante e para comunicarlle o premio no caso de que resultase gañador. 

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar no concurso:

Todas as persoas físicas maiores de 18 anos con residencia legal en España que sexan fans das páxinas oficiais de Facebook de Arde Lucus e González Almacén Fotográfico e que conten cun perfil de usuario real en Facebook e teñan enviado as fotografías cos seus datos persoais a info@gonzalezalmacen.com.

ENTREGA DE PREMIOS

Os premios serán entregados nas dependencias que o Concello de Lugo determine. O sitio para a recollida dos mesmos será comunicado no momento da publicación dos gañadores.