NOTICIAS

Concurso de reporteiros Arde Lucus 2017

Queres ser reporteir@ de Arde Lvcvs? Queres gañar unha noite no Balneario de Lugo con almorzo e circuíto termal incluído para dúas persoas?

Todo é moi sinxelo, unicamente tes facernos chegar un vídeo teu , de 30 segundos, gozando de Arde Lvcvs 2017. No vídeo tes que saír ti, caracterizado, contando o que estás a vivir nese momento en Arde Lvcvs e que se vexa tamén do que estás a falar.

Para subir o vídeo tes dúas opcións:

Facebook: Sobe o vídeo, pono público co hashtag #EUVIVOARDELUCUS e etiquétanos. Moi importante! Etiquétanos!

Youtube: Sobe o vídeo, pono público co hashtag #EUVIVOARDELUCUS e envíanos a dirección do teu vídeo ao seguinte email: lucusarde@gmail.com

Despois de Arde Lvcvs, descargaremos todos os vídeos. O día 6 subirémolos á nosa páxina oficial en Facebook co voso nome. Estarán ata o día 13 para ser visionados e votados, porque.. o día 14 ás 12:00 faremos o reconto de todos os “ME GUSTA” e “ME ENCANTA” e despois faremos público, en Facebook, o nome do gañador ou gañadora do concurso. Así que… atentos ese día a Facebook!!

O premio!

O premio é unha noite no Balneario de Lugo, con almorzo e circuíto termal para dúas persoas.

Realizaremos a reserva ao teu nome e poderás gozalo sen problemas ata o mes de Novembro de 2017.

Que pasa se non aparece o gañador ou gañadora?

Pois? que o vídeo que estea en 2º lugar pasará a ser o vídeo gañador. Para iso esperaremos 72 horas desde a publicación do nome do gañador ou gañadora. Se tampouco aparece o 2º clasificado, pasaremos ao 3º despois de esperar 72 horas. E se tampouco aparece ? quedaría deserto.

Pero seguro que aparece! ;)