Intenso programa do Lvcvs Cvltural 2014
23/04/2014

A Concellería de Cultura anunciou que unha das novidades serán as actividades que se realizarán no barrio da Ponte.  

A Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as actividades culturais previas ao Arde Lucus, o Lvcvs Cultural, que se celebrarán entre o 26 de abril e o 11 de xuño.


Esta serie de actos culturais, englobados baixo o nome “Lvcvs Cvltvral”, divídense en catro grandes bloques: ciclo de conferencias, visitas Lucus Cultural, xornadas temáticas nos diferentes barrios da cidade e actividades.

O punto de partida será o I Encontro de Cidades Augusteas da Gallaecia que se celebrará os días 2, 3 e 4 de maio no MIHL e que conta coa participación das cidades de Lugo, Astorga e Braga, as tres cidades augusteas. Durantes os tres días o Museo Interactivo da Historia de Lugo acollerá mostras de artigos romanos, diferentes obradoiros a cargo das asociacións romanas e castrexas, xogos romanos, e mesas redondas sobre a antiga Gallaecia. Nestas xornadas tamén se presentará unha nova asociación de recreación histórica denominada Mercenarios Galaicos e o domingo 4 de maio ás 19.30 horas levarase a cabo o IV Mostra de Moda Romana e Castrexa para o Arde Lucus 2014.

Durante este I Encontro vanse realizar diferentes conferencias e mesas redondas, que comezarán o venres 2 de maio co seminario sobre A Mineria  romana, impartido por Xavier Barros Pereira, ás 20 horas. O día seguinte terá lugar ás 12 horas unha mesa redonda sobre As capitais dos conventos xurídicos da Gallaecia a cargo dos arqueólogos municipais de Astorga, Lugo e Braga. Para que todos os lucenses poidan achegarse a estas xornadas haberá un servizo de autobús urbano gratuíto que sairá o venres 2 ás 17, 18 e 19 horas, o sábado 3 e domingo 4 con horario ininterrumpido cada hora dende as 10.30 ata as 19.30 horas o sábado e o domingo ata as 17.30 horas e que terá como punto de saída o edificio de Sindicatos da Ronda da Muralla.

Unha das principais novidades son as actividades específicas que se van a realizar os días 10 e 11 de maio no barrio da Ponte e no entorno da Ponte Romana, nas que haberá obradoiros e xogos romanos e desfiles das diferentes asociacións romanas e castrexas ademais da degustación de tapas no barrio.

O Lvcvs Cvltvral tamén acollerá unha exposición sobre o papel da muller en Roma que se inaugurará o 6 de maio no MIHL baixo o nome de Féminas: As mulleres en Roma. Outra das actividades serán os obradoiros de cociña romana na Praza de Abastos que se levarán a cabo o 5, 7 e 8 de maio para profesionais e para o público en xeral.Tamén se poderá degustar e mercar pan romano o 17 de maio na Praza Maior.

Carmen Basadre tamén deu a coñecer que o día 10 de maio ás 17 horas comezará unha ruta xeolóxica Lugo pedra a pedra que sairá dende a Praza de San Marcos para percorrer e coñecer a historia e curiosidades das pedras romanas da cidade. Os interesados poderan inscribirse a través do 010.  Para os máis pequenos tamén haberá xogos romanos en diferentes prazas da cidade e que comezará o 17 de maio na Praza Maior, o 24 de maio na Praza Mestre Matias Garcia Bernal de Fingoi, e o 31 de maio na Praza de Augas Férreas. Durante os meses de abril e maio tamén se están realizando diferentes charlas nos colexios da cidade organizadas polo servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo.

Para aqueles veciños e veciñas que queiran preparar a súa vestimenta de cara o Arde Lucus poderán facelos nos diferentes obradoiros que se celebran na Casa da Xuventude todos os sábados entre o 26 de abril e o 7 de xuño a partir das 11 horas e para os que non fai falta inscrición previa.

Por outra parte, as conferencias organizadas pola asociación Cohors III Lucensium, comezan o 9 de xuño, co historiador Jose María Costa García explicará O exército romano na Hispania do Alto Imperio. A seguinte sesión será o día 10 de xuño impartida polo grupo arqueolóxico de Tomás Vega Avelaira sobre Equipamento militar romano. Finalmente, o mércores 12 de xuño, David González Álvarez da Universidade Complutense de Madrid, departirá sobre a Arqueoloxia do bellum Asturicum: a conquista romana do occidente cantábrico. Todas estas conferencias terán lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo ás 20:30 horas.

En canto ás visitas culturais guiadas terán lugar os días 17, 18 e 24 de maio, dende as 11 da mañá, e formaranse grupos de ata 25 persoas para cada unha das visitas. Estas serán visitas ao Lugo Romano, coñecendo os puntos máis destacados da cidade. Os grupos de visita completaranse por orde de inscrición que se poderá facer a través do teléfono 010.

Programa Lvcvs Cultural 2014
Calendario Obradoiro Arde Coles 2014
Calendario visitas guiadas Coles 2014

Seleccionado ó cartel anunciador do Arde Lucus MMXIV
07/03/2014

Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador do Arde Lucus MMXIV.

O cartel que anunciará este ano a festa do Arde Lucus é obra de Vanesa Rivas Vilar, que o presentou baixo o título “Huellas del pasado”. A gañadora dos 1.000 euros cos que estaba dotado o primeiro premio do concurso convocado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua é de Lugo e cursou estudos de Deseño de Interiores na Escola Ramón Falcón.

Por terceiro ano consecutivo, o cartel do Arde Lucus foi seleccionado nun concurso ó que se presentaron 69 propostas.

O gañador foi elixido polo xurado, que estivo formado por María Dolores de las Cuevas Revilla, José Reigosa Piñeiroa, Alfonso Rodríguez Castro e Adolfo de Abel Vilela, nunha reunión celebrada esta mañá na Casa da Xuventude.

O Arde Lucus XXMMIV, Festa de Interese Turístico Galego, celebrarase entre os días 13 e 15 de xuño.

Aberto o prazo ata o 21 de marzo para anotarse no grupo de Asamblearias do Arde Lucus 2014
07/03/2014

Aberto o prazo ata o 21de marzo para anotarse no grupo de " Asamblearias " do Arde Lucus 2014.
C.C. Uxío Novoneyra.
Rúa Quiroga Ballesteros s/n 3º andar.
tfno : 982297496

Convocatoria da segunda edición do certame de relatos en latín Seu Ludus Litterarum
07/03/2014

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua convoca a o II Certame " Seu Ludus Litterarum" Certame de relatos en latin.
O prazo de entrega é ata o 20 de abril.

Podes consultar as bases :


Bases concurso de relatos (Castelán)
Bases concurso de relatos (Galego)

I Encontro das Cidades Augusteas da Gallaecia
07/03/2014

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua vai organizar este ano o I Encontro das Cidades Augusteas da Gallaecia, que xuntará na nosa cidade ós representantes das tres capitales dos conventos xurídicos da Gallaecia: Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga) e convoca a segunda edición do certame de relatos en latín Seu Ludus Litterarum.

A principal novidade deste programa de actos previo ó Arde Lucus MMXIV vai ser a celebración en Lugo do I Encontro de Cidades Augusteas da Gallaecia. A organización do encontro, que terá lugar no MIHL do 2 ó 4 de maio, é froito dun acordo ó que chegaron Lugo, Braga e Astorga, as tres cidades fundadas polo Emperador César Augusto.

Podes consultas as bases para a participación:

Bases I encontro das cidades

Xuntanza das cidades da Gallaecia
20/02/2014

Aproveitando a celebración en Braga da Asamblea xeral do Eixo Atlántico, a iniciativa do Concello de Lugo, tivo lugar unha xuntanza referida ás festas de recreación histórica na que participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre. Na reunión tamén estiveron presentes representantes da Cámara Municipal de Braga, e do Concello de Astorga, asi como o Presidente da asociación de Astures e Romanos desta última cidade.

Segundo explicou Basadre, na reunión traballouse para crear unha rede que permita a divulgación das festas de recreación histórica das tres cidades, a riqueza cultural, arqueolóxica, e o patrimonio de cidade “Augustas” que formaron a Gallaecia e que ademais compartes a vía XIX.

O documental Arde Lucus, dirixido por Brais Revalderia, recibe o primeiro premio no festival de Noida (India)
19/02/2014


Direción: Brais Revaldería
Guión: Brais Revaldería
Música: Xera
Direción de fotografía: Iván Carrasco
Operador de cámara: Eduardo García, Hugo Fernández
Montaxe: Juan Carlos Gómez
Post-produción vídeo: Jaime Alamán
Direción artística: María Morla
Sonido: SBA Radical Sound, Juan Carlos Gómez, Hadrian Revaldería
Director de produción: Pedro Revaldería
Axudante de direción: Ota Hsieh, Andrés Lemonk, Jaime Alamán

Sinopse

Máis de 1700 anos os muros de Lucus Augusti gardando o fin do mundo coñecido, no presente os descendentes das cidades romanas e castrexas que vivían na zona, representan o festival máis importante de todo o mundo, con base no Imperio Romano.
Todo comezou hai 12 anos, cando as paredes da cidade foron proclamadas patrimonio, só uns poucos celebraron aquel acto, pero hoxe en día toda a cidade transfórmase ata convertirse nun pequeno Imperio Romano dos Césares devolvendo a vida gladiadores loitando pola sua vida nas arenas do circo, Deuses e figuras mitolóxicas recorrendo a cidade, ademáside soldados da garda Pretoriana que manten a salvo ó Casar Augusto das ameazas do pobo Castrexo.
A gran Lucus Augusti volve a vida tódolos anos do segundo fin de semana de Xuño, para facer real unha das máis interesantes e orixinais recreacións históricas xamáis vistos.

Amplíación do prazo para o concurso do cartel do Arde Lucus MMXIV
11/02/2014

Amplíase o prazo de inscrición para a presentación de traballos para o concurso de carteis do Arde Lucus ata o 28 de Febreiro.

Arde Lucus en Méjico, Estados Unidos, Francia e India
06/02/2014

Cinco festivales de cine internacionales seleccionan el documental "Arde Lucus" para su exhibición en las secciones oficiales.

El documental, del realizador gallego Brais Revaldería, se estrenó en la segunda edición del Festival Internacional de Cine de Toluca, (Méjico), con una gran acogida y repercusión en los medios locales. Las reacciones durante la exhibición fueron de general sorpresa y admiración, al conocer la muralla y la fiesta romana que refleja el origen de la ciudad de Lugo.

Las siguientes citas internacionales, confirmadas para su exhibición, llevan "Arde Lucus" a la 16 edición del George Lindsey UNA Film Festival en Alabama(EEUU). Organizado por la Universidad de Norht Alabama, es uno de los más prestigiosos y concurridos festivales del sur de los EEUU.

En Nueva York, después de su estreno en la New York Film Academy, "Arde Lucus" ha sido seleccionado para exhibirse en la sección oficial de la quinta edición del American Online Film Awards, el festival que cierra la temporada en la Gran Manzana.

En Europa, la cita es Saint Tropez. El festival internacional de la mítica ciudad de la costa azul se ha convertido en referencia para el mercado de cortometrajes y documentales. En línea con los reputados mercados audiovisuales de la vecina ciudad de Cannes, cineastas y productores han convertido Saint Tropez en una cita obligada para promocionar, vender y comprar derechos de los productos exhibidos en el festival.

Pero la cita más inminente es en la ciudad India de Noida, distrito industrial limítrofe con Nueva Delhi, a partir del próximo ocho de febrero. El Noida International Film Festival exhibirá "Arde Lucus" en la sección oficial de documentales.

Además se ha recibido también el interés del British Documentary film festival y del Vegas Cinefest en poder contar con el documental, a falta de confimarlo cuando sean publicadas las lista de selección oficial.

Carmen Basadre asina un novo convenio co Grupo Alsa e con Gestagua para o apoio do Arde Lucus 2014 no marco de Fitur
23/01/2014

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua indicou a “importancia de que as entidades colaboren para a realización de festas de interese”

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, asinou esta mañá nas instalacións de Turgalicia, en Fitur, un convenio co grupo Alsa, e representado polo apoderado Juan González Hernández, e con Gestagua, representado por Gonzalo Murillo de Torres, para a colaboración de patrocinio da Festa do Arde Lucus 2014.



Carmen Basadre sinalou que “un ano máis contamos co apoio de dúas grandes empresas que nos permitirán difundir o Arde Lucus 2014 e que co seu patrocinio apoian unha festa que cada ano ten máis visitantes”. Así, co Grupo Alsa, chegouse ao acordo para facer un desconto do 25% a todas as persoas que queiran achegarse a desfrutar o Arde Lucus, que se celebra os días 13, 14 e 15 de xuño. Ademais, segundo destacou a responsable da área de Xuventude, o compromiso base é facer unha promoción da festa por toda España a través dos recorridos que o Grupo Alsa realiza. Neste sentido comprometéronse a emitir un vídeo de 20 minutos sobre o Arde Lucus e o que representa para a cidade no canal de entretemento a bordo dos que dispoñen todos os autobuses. Ademáis tamén anunciou que se fará un acordo para que as liñas internacionais de Alsa leven publicidade de Lugo por todo Europa.

Un ano máis tamén se comprometen a crear un banner na páxina web (www.alsa.es ) onde se poderá obter toda a información para a compra dos billetes e sobre a programación do Arde Lucus. Dende esta aplicación farase o desconto do 25% para aquelas persoas que merquen un billete para a cidade de Lugo entre os días 10 e o 17 de xuño.

Por outro lado, Gestagua, comprométese a asumir o gastos derivados das actividades realizadas na execución do espectáculos do Arde Lucus por valor de 7.000 euros. “Son axudas moi importantes para a realización destas actividades que atraen cada vez a máis visitantes a nosa cidade” segundo Carmen Basadre.

O Alcalde de Lugo recolle en FITUR o premio a Lugo como 'Destino Recomendado 2014'
23/01/2014

López Orozco e Carmen Basadre presentaron os atractivos turísticos da cidade en FITUR e invitaron a visitar a cidade durante o 2014

Ademais, neste último ano, engadíronse novos achádegos arqueolóxicos únicos relacionados cunha antiga necrópole ou a posta en marcha da Domus de Mitra

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron esta mañá no marco da 34ª edición de Fitur as novidades e atraccións do Concello de Lugo facendo referencia á campaña turística Lugo máis de 2.000 anos de vida, ante a atenta mirada de numerosos curiosos que solicitaron información sobre a cidade. No acto tamén estiveron presentes lucenses recoñecidos como a escritora Marta Rivera de la Cruz.



O acto, que tivo lugar no pabellón 9 dentro do stand de Turgalicia, comezou coa proxeción dun video sobre a cidade no que se reúnen imaxes relacionadas coa historia, a arqueoloxía, a gastronomía, as festas tradicionais, os novos equipamentos culturais e o Río Miño.

López Orozco centrou o acto, ademais de “invitar a todo o mundo a descubrir a nosa cidade”, en dar a coñecer novidades importantes relacionadas coa arqueoloxía no último ano e que supoñen un novo atractivo turístico máis. Así, no último ano, creouse unha nova ventá arqueolóxica nas que se pode ver un colorido mosaico, rehabilitouse a Ponte Romana, e tamén se descubriron importantes achádegos correspondentes con técnicas de soterramento e incineración únicas no norte peninsular nas obras de rehabilitación do Vello Cárcere, “todos eles atractivos que fan da nosa cidade un punto importante a nivel arqueolóxico e que non pasan desapercibidos para os visitantes”.

Ademais destacou que “queremos aproveitar Fitur para ter a oportunidade de darnos a coñecer e presentar as novidades que temos, a nosa riqueza patrimonial e o ben que se come”. O Alcalde de Lugo animou a visitar a cidade neste próximo ano e descubrir os sorpresas que esconden as súas pedras e as súas rúas e que non deixan a ninguén indiferente “todos os que veñen, repiten, e eso é por algo”.

Pola súa parte, Carmen Basadre, fixo un percorrido polas principais atraccións coas que conta o Concello de Lugo, tanto na zona urbana como na rural, ademais de “posuir un monumento único como é a Muralla romana”. Así, dividiu en catro as diferentes atraccións: a primeiras delas o Lugo Cultural (arqueoloxía e historiaa) no que destacou a incorporación de novos museos como a Domus de Mitra, as novas ventás arqueolóxicas dos fermosos mosaicos da Domus Oceani ou dos restos funerarios atopados nas obras de rehabilitación do Vello Cárcere, sen esquecerse do templo tamén con características únicas de Santa Eulalia de Bóveda. O paso por Lugo da Via XIX romana e do Camiño Primitivo de cara a Compostela ou a posta en valor da Ponte Romana e o MIHL tamén foron algúns dos atractivos destacados.

Nun segundo grupo figura o Lugo Natural, unha clara referencia á importancia que teñen os ríos Miño e Rato e que están denominados como Reserva da Biosfera e que forman o cinturón verde da cidade. Tamén salientou as importantes atraccións da zona rural de Lugo e coas que se crearon rutas como a do Lugo Agrario ou a de Terras de Auga e Cultura.

Carmen Basadre tamén explicou nun terceiro bloque que Lugo é para xente, para que desfruten coa gastronomía, coas actividades culturais e que conta con rutas accesibles por toda a cidade para persoas con problemas de movilidade. E, como non, tamén destacou o Lugo das festas, encabezado polas dúas grandes citas anuais do Concello, o San Froilán festa tradicional e declarada Festa de Interese Turístico Nacional e o Arde Lucus, que conta con doce edicións pero que cada ano se consolida como unha das citas máis destacadas da recreación histórica a nivel nacional e que ten a declaración de Festa de Interese Turístico Galego.

Carmen Basadre A Concelleira explicou que a campaña publicitaria se vai centrar en cinco puntos centrais: o extraordinario legado romano (Muralla, Ponte, Piscina Romana, Acueducto…) e o novo Museo Interactivo da Historia de Lugo; o casco antigo da cidade único no mundo e a renovación da Catedral; o patrimonio medioambiental coa declaración da zona como Reserva da Biosfera “Terras do Miño”; a boa gastronomía e a boa calidade dos produtos autóctonos; e as festas máis populares, o San Froilán, declarado Festa de Interese Turistico Nacional, e o Arde Lucus, que por primeira vez se promociona en FITUR e que se pretende sexa declarada Festa de Interese Nacional ao ser unha das actividades máis espectaculares e animadas de España.

Lugo, destino recomendado 2014

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recolleu o premio concedido polo comparador de prezos de hoteis e viaxes www.trivago.es como Destino recomendado 2014 ao quedar de terceiro destino no ranking de cidades españolas e de 65º no ranking de cidades internacionais.

Con este premio, entregado pola Directora de Trivago España, Natalia Aguilar, recoñécese a labor das cidades a través de diferentes aspectos como o aloxamento ou as atracións turísticas a través das opinións vertidas polos usuarios que evaluaron a súa experiencia en Lugo e que o dotaron cunha excelente reputación online. Estas valoracións xunto cos prezos económicos convérteno nun dos top 3 dos destinos españois xunto con Albarración e Úbeda todos recomedados pola súa excelente relación calidade-prezo.

López Orozco sinalou que “para Lugo é un honor estar entre os destinos recomedados para o 2014 o que supón un recoñecemto ao traballo realizado tanto polos hostaleiros como polos veciños e veciñas” ademais de que “significa que non se está facendo tan mal en canto ao fomento do turismo se refire porque temos unha cidade con atractivos históricos, culturais, naturais e gastronómicos además das festas como o San Froilán e o el Arde Lucus".

Pola súa parte, dende Trivago, destacan que as cualidades de Lugo empezan “polo prezo medio dos seus aloxamentos que é de 63 euros á noite” segundo os datos do comparador e o “atractivo cultural da súa Muralla romana declarada ben Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e que é a única fortificación romana do mundo que conserva íntegro todo o seu perímetro”.

No ranking no que aparecen as tres cidades premiadas fai referencia á clasificación publicada por Trivago a nivel internacional cos 100 destinos do mundo máis recomendables para viaxar no 2014. Para obter estes datos tívose en conta un algoritmo que relaciona diversos aspectos como son a reputación online hoteleira, os precios medios máis económicos e as atracións turísticas do destino e o seu entorno.

http://imgec.trivago.com/contentimages/press/texts/ndp_top100destinos_2014.pdf

Xa está aberto o prazo para participar no concurso co que se escollerá o cartel do Arde Lucus MMXIV
07/01/2014



Carmen Basadre tamén informou da celebración do I Troco Xuvenil que se vai celebrar este sábado 11 de xaneiro na praza da Soidade

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as bases para participar no Concurso do cartel Arde Lucus 2014 e que ten de prazo ata o 15 de febreiro.

Desta maneira, por terceiro ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espíritu da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía con traballos en A3. Os carteis obrigatoriamente terán que levar os seguintes compoñentes: Arde Lucus XXMMIV, Festa de Interese Turistico Galego, a web do Arde Lucus, a data de celebración que serán os días, 13, 14 e 15 de xuño e os logotipos das redes sociais.

Carmen Basadre sinalou que “se vai valorar os deseños que reflicten o espíritu da festa do Arde Lucus e que recollan a reconstrución histórica e a volta da cidade a época da súa fundación”. O premio para o gañador é de 1.000 euros.

Os interesados poderán deixar os seus traballos nun sobre pechado na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.

I Troco Xuvenil

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén anunciou que este sábado 11 de xaneiro vaise celebrar na carpa situada na Praza da Soidade o I Troco Xuvenil. Desta maneira, entre as 11 e as 14 horas todos os mozos e mozas menores de 35 anos poderán intercambiar todas aquelas cousas que non lles sirvan por outras que precisen como poden ser videoxogos, libros ou roupa.

“A idea é que as cousas que se acumulan na casa e que están en boas condicións pero non se usan poden ser obxecto de troco para conseguir outras que si que poden facer falta” segundo Carmen Basadre. Os mozos e mozas interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude ou ben achegarse á Praza da Soidade o mesmo dia.

O Arde Lucus 2013 supera todas as expectativas económicas e de visitantes con preto de 550.000 persoas
17/06/2013

Carmen Basadre agradeceu o traballo aos patrocinadores, asociacións, veciños e veciñas e todas aquelas persoas implicadas na festa polo esforzo para que saíse todo o mellor posible.

A Concelleira xa adiantou a data para o Arde Lucus 2014 que será do 13 ao 15 de xuño do ano próximo.

Tamén destacou a afluencia de visitantes de fóra de Galicia, tanto de España como de Europa e incluso Xapón





O Arde Lucus 2013 cumpliu un ano máis cun novo éxito de participación e marcando novas cifras de visitantes. Así, o anunciou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, no balance que realizou esta mañá dunha das festa de recreación histórica máis destacadas de España, e na que durante este fin de semana se superaron todas as expectativas con aproximadamente 550.000 visitantes.

Carmen Basadre destacou que “estamos satisfeitos porque foi un éxito rotundo e conseguimos situala no calendario das grandes festas de España grazas ao traballo e a implicación de todos”. Veciños, asociacións, forzas de seguridade do Estado e do Concello, aos medios de comunicación pola divulgación e todos os asistentes recibiron o agradecemento por parte do Concello pero tamén “aos Deuses romanos por conseguir que tivésemos un tempo excelente a maior parte do tempo” segundo bromeou a Concelleira de Cultura.

Así, un ano máis quedou demostrada a importancia que ten para Lugo e para a súa economía a festa do Arde Lucus xa que segundo os cálculos de Protección Civil a afluencia foi de entre 525.000 e 550.000 persoas nestes días e destacou que “estiveron ateigados de público tanto os diferentes espectáculos como as rúas da cidade”. “Se todas as persoas que se achegaron a cidade fixeron un gasto mínimo de 15 euros temos que en Lugo, neste fin de semana, circularon preto de 8 millóns de euros” destacou a responsable da festa do Arde Lucus. As cifras de recollida da basura tamén demostran este aumento da afluencia de participantes, así entre as noites do venres para o sábado e do sábado para o domingo, o servizo de limpeza da cidade recolleu 8.000 kilos máis que na edición pasada, superando os 200.000 kilos de basura.


A responsable da área de Xuventude, agradeceu a todas e cada unha das persoas que se participaron na organización e desenvolvemento do Arde Lucus, a todos aqueles que axudaron a que a cidade de Lugo ofrecese a súa mellor cara. E fixo unha mención especial á gran demostración de solidaridade que deron as asociacións despois do incendio fortuíto na Castra e que afectou as instalacións das asociacións Lugdunum e Tir Na N´og.

Tamén os medios de comunicación tiveron un papel importante na difusión desta festa máis aló das nosas fronteiras e así cubriron a festa, ademais dos medios de Lugo e de Galicia, tamén medios nacionais como “Telecinco, Televisión Española, Cuatro, Televisión de Galicia, Radio Galega, Europa Press Televisión e perdoade se esquezo algún e tamén quero agradecer a difusión do documental que grabou Brais Revaldería” sinalou Basadre.

Ademais incidiu en que “podemos considerar máis que consolidada esta festa cando, nunha época de dificultades económicas como a que estamos vivindo, somos capaces de reunir a tantas persoas en só tres días”. Este ano, ademais de achegarse persoas de toda Galicia, de diferentes puntos de España como Asturias, Madrid ou Andalucía, pero tamén se notou unha influencia importante de visitantes europeos como grupos de mozos e mozas chegados de Portugal e Italia, de Reino Unido, de Alemaña e incluso un grupo de nipóns.

A Concelleira de Cultura contou que foran moitas as persoas tanto veciños e veciñas como xente de fóra que a felicitaron pola organización e “por facer que se sentiran orgullosos de ser de Lugo”. Pero como ela mesma destacou “agora toca descansar un pouco e ver que fallos se puideron cometer para seguir mellorando en futuras edicións e facer da nosa unha Festa de Interese Turístico Nacional”.

Presuposto Arde Lucus 2013

A responsable de Cultura sinalou que “temos que agradecer o traballo feito polos patrocinadores e por todas as empresas que levaron a cabo as diferentes actividades xa que se souberon adaptar ao presuposto co que contaba o Concello e que incluso nos permitiu aforrar preto de 72.000 euros”. Desta maneira, o Arde Lucus 2013 tiña un prezo de 229.000 euros, dos que 176.000 euros estaban presupostados polo Concello de Lugo, pero grazas a colaboración dos patrocinadores con 53.800 euros, aos 60.360 euros dos restaurantes e postos da Praza Maior, e os 11.446 euros da venda de entradas para o Circo Romano, a aportación líquida municipal será de 104.193 euros “co que incluso chegamos a aforrar máis de 72.000 euros” indicou Carmen Basadre.

Arde Lucus 2014

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén avanzou as datas do próximo Arde Lucus, que serán similares ás de este ano, coincidiendo cos días 13, 14 e 15 de xuño de 2014 para evitar que nun mesmo fin de semana se xunten o Arde Lucus coa festividade de Corpus Christie.

O Concello de Lugo presenta a festa do Arde Lucus en Avilés con numerosas novidades
06/06/2013

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Cultura, Estudios Superiores y Universidad, Roman Antonio Alvárez González, presentaron o Arde Lucus, festa declarada de Interése Turístico Galego. O obxetivo de este acto era dar a coñecer esta festa en Asturias e animalos a que os días 14, 15 e 16 de xuño se acheguen a disfrutar cos veciños e veciñas de Lugo. No acto estiveron custodiados por unha representación das lexións romanas formadas por membros da Cohors III Lucensium.

Carmen Basadre deu as grazas polo recibimento e a oportunidade para presentar unha festa "moi nova no tempo pero cunha gran repercusión a nivel local e mesmo internacional na que todos os veciños e veciñas se involucran para dar un maior realismo á festa". Tamén destacou que dende o Concello se traballa moito para sorprender a veciños e visitantes cada ano con novas actividades para o desfrute de pequenos e maiores.



A responsable de Cultura incidiu na importancia deste evento e como exemplo explicou que xa están agotadas as entradas para a actuación do Circo Romano do sábado ou que a Radio Galega vai facer un programa especial para toda Galicia o día 8 sobre o Arde Lucus dende o MIHL.

A edición número 12 do Arde Lucus contará con máis actividades e novidades respecto a anos pasados, así haberá mais de 190 actividades, das que 55 son totalmente novas aínda que se seguen mantendo as clásicas. Como en anos anteriores, montarase o Macellum, onde poden comprar produtos típicos, espectáculos de teatro pola rúa, as vodas e bautizos polo rito celta e romano, desfiles de tropas, as bacanais ou as loitas entre romanos e castrexos. Dentro das novidades, destacan unha renovación do Circo Romano; a constitución do senado romano e dun grupo de mulleres chamadas as Asemblearias coas que competiran dialecticamente ou as olimpíadas romanas protagonizadas por diferentes clubs deportivos da cidade.

Entre as grandes novidades deste ano destaca a participación de Arsdimicandi, un grupo de gladiadores romanos da zona de Bérgamo, que por primeira vez, visita Lugo e que interactuar cos visitantes durante as súas loitas polas rúas. Estes especialistas, participaron nas recreacións de loitas da serie de televisión Roma. Outra das novidades é a participación de Tierraquemada unha asociación de Numancia na que estudan e recrean as loitas numantinas entre iberos e romanos.

Por outro lado, o Castra de Lucus Augusti será, por segundo ano consecutivo, un espazo natural pechado e situado na rúa Carril dos Fornos, moito máis amplo que en anteriores edicións. Nel montaranse os campamentos das asociacións Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N'Og, e Lvcvs Eqvites. A Cohors III Lucensium asentarase na Praza Maior na que realizará varios desfiles ao longo do fin de semana. Finalmente, o campamento Trebas Galaicas estará situado no cantiño de Nemesio Cobreros.

Tamén o Miúdo Arde, situado na Praza San Marcos, na que se desenvolverá un apertado programa entre os que destaca Qui somnia. Solis et venti para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Carmen Basadre indicou que a cidade está a preparar os motores da festa e explicou que cada ano conta cun un maior número de visitantes, chegando a reunir o ano pasado preto de 400.000 persoas.

O centro histórico da cidade énchese de actividades que recrean os inicios de Lucus Augusti e das que gozan lucenses e visitantes de todas as idades. As rúas engalánanse para transportar a todos os participantes aos tempo da Antiga Roma, cada praza terá actividades para todas as idades, para que todos gocen da festa e que o casco histórico se converta nunha cidade máxica que faga viaxar no tempo.

O Arde Lucus é unha festa para toda a familia na que, a pesar da participación masiva, o programa se desenvolve sen incidencias, polo esforzo que realizan os técnicos da Concellaría de Xuventude e polos demais servizos implicados na festa: Protección Civil, os servizos de limpeza, os servizos eléctricos, a Policia Local e Bombeiros.

Web de Arde Lucus: http://www.ardelucus.com


Descontos do 25% en Grupo Alsa

Este ano e, en vista do éxito da edición pasada, haberá máis facilidades para viaxar á cidade de Lugo durante as festas do Arde Lucus. Así, o confirmou o Concello de Lugo e o Grupo Alsa que chegaron a un acordo para facer un desconto do 25% a todas as persoas que queiran achegarse a gozar da festa, que se celebra os días 14, 15 e 16 de xuño. Ademais, o compromiso base é facer unha promoción da festa por toda España a través dos percorridos que o Grupo Alsa realiza. Deste xeito, todas aquelas persoas que vaian viaxar á cidade entre o 11 e o 18 de xuño poden comprar os billetes aos que se lles aplicase un 25% de desconto sobre estes. A idea é que as persoas de toda España se acheguen a Lugo proporcionándolles unha rebaixa na viaxe para que nesta época de dificultades todos teñan mellores posibilidades.


Merchandising oficial

Outro ano máis o Concello de Lugo venderá os produtos oficiais para o Arde Lucus 2013. Son un vaso de cerámica, un alfinete de bronce para o pelo e unha fíbula que terán un prezo de entre 3 a 20 euros respectivamente.

Os vasos de cerámica, tamén se poderán adquirir nos locais de hostalaría, están elaborados polo artesán José Manuel Fernández, en terra sigillata, o máis parecido á cerámica romana de bastante calidade e de características especiais. Outro dos produtos é un alfinete para o pelo, unha das xoias máis empregadas polas mulleres romanas. Trátase dunha réplica similar ao acus crinalis que se encontra no Museo Arqueolóxico de Ourense e está elaborada polo artesán lucense José Manuel Castro Neira. É un adorno persoal elaborado en bronce e coa cabeza balaustrada. O valor deste produto para a venda é de 10 euros.

Finalmente, tamén se poñerá á venda, fíbulas, de tipo anular en omega e elaboradas polo artesán Castro Neira, moi similar ás que se poden ver en Museo do Castro de Viladonga. Este adorno serve para suxeitar as capas, vestidos ou de adornos nalgúns cintos. O prezo da venda será de 20 euros. Todas aquelas persoas que queiran comprar estes produtos poden facelos no posto que o Concello instalará na Praza Maior.

Condiciones de venda das entradas aos espectáculos do Arde Lucus 2013
31/05/2013

As entradas poderanse adquirir unicamente a través do sitio web: www.lugo.es/compradeentradas a partir do sábado 1 de xuño ás 00:00 horas baixo as seguintes condicións:

- Compra de entradas limitada a 6 por persoa por espectáculo.

- Os nenos e nenas menores de 2 anos non pagarán entrada para asistir ao espectáculo sempre e cando o presencien no regazo do adulto que os acompañe.

- Unha vez efectuada a compra, o usuario debe copiar ou imprimir o código xerado para retirar as entradas.

- Para a retirada das entradas hai que presentar o código que se xera tras confirmar a compra na Oficina Municipal de Turismo. Alí imprímense as entradas e valídanse co selo do Concello de Lugo. A entrada sempre ten que ter un código e o selo do concello, se eles non é válida.

- O prezo é de 2 euros por entrada. No momento de introducir os datos da tarxeta faise a través do TPV de Novacaixagalicia e ingrésase na conta do Concello de Lugo. A compra a través do servidor do Concello é segura e non ten ningún cargo engadido.


Información de contacto para a recollida de entradas

Oficina Municipal de Turismo de Lugo
Praza do Campo, 16. Telf. 982 251 658
Horario de atención de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas todos os días.


ESPECTÁCULOS DO CIRCVS ROMANO - ARDE LVCVS MMXIII

Heroes e deuses
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 14 de xuño
Hora: 00:30h

Heroes e deuses
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 15 de xuño
Hora: 22:30h

Circo romano - Ás probas dous deuses
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 15 de xuño
Hora: 19:00h

Circo romano - Ás probas dous deuses
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 16 de xuño
Hora: 18:00h

Irmandamento con Braga
22/05/2013

Para continuar coa proxección exterior desta festa, o día 22 de maio a edil Carmen Basadre, legionarios da Cohors III Lucensium, o Caesar da antiga Lucus Augusti e a Asociación Garda Pretoriana, acudiron ao irmandamento con Bracara Augusta.

O Concello de Lugo presenta a festa do Arde Lucus en Madrid
21/05/2013

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e o Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, presentaron o Arde Lucus, festa declarada de Interese Turístico Galego. O obxectivo deste acto era dar a coñecer esta festa na capital de España e animalos a que os días 14, 15 e 16 de xuño se acheguen a gozar cos veciños e veciñas de Lugo. No acto estiveron custodiados por unha representación das lexións romanas formadas por membros da Cohors III Lucensium e da Garda Pretoriana.

Ónega deu a benvida á Casa aos ecos da romanidade de Lugo cos que, recordou, contactou de neno, cando se desprazou á cidade dende o seu Mosteiro-Pol natal para estudar o bacharelato nos Maristas. En ton de humor, o Delegado da Xunta pediu ao Alcalde López Orozco que mande descubrir algunhas cousas que considera de interese da antiga Lucus para a actual cidade e os seus moradores, do que se valeu para enxalzar á provincia, os seus produtos e as súas xentes. Así, interesouse, entre outras cousas, por se Fabio Máximo, fundador de Lugo, se afeccionou ao polbo na cidade e como o condimentaba e cortaba e con que viños o acompañaba; tamén por onde estaban o anfiteatro e a morada da namorada do trobador Fernando Esquío.

López Orozco deu as grazas polo recibimento e a oportunidade para presentar unha festa "moi nova no tempo pero cunha gran repercusión a nivel local e mesmo internacional na que todos os veciños e veciñas se involucran para dar un maior realismo á festa". O Alcalde destacou que dende o Concello se traballa moito para sorprender a veciños e visitantes cada ano con novas actividades para o desfrute de pequenos e maiores. Ademais invitou a todas as persoas que queiran pasar un fin de semana de diversión, boa comida e importantes restos arqueolóxicos a que se acheguen a Lugo "xa sexa Arde Lucus ou calquera outro fin de semana do ano que nós os recibiremos cos brazos abertos e con máis de 2.000 anos de historia para ensinar".

Pola súa banda, Carmen Basadre, destacou que "este ano haberá mais de 190 actividades, das que 55 son totalmente novas con respecto a edicións anteriores aínda que se seguen mantendo as clásicas. " Como en anos anteriores, montarase o Macellum, onde poden comprar produtos típicos, espectáculos de teatro pola rúa, as vodas e bautizos polo rito celta e romano, desfiles de tropas, as bacanais ou as loitas entre romanos e castrexos. Dentro das novidades, destacan unha renovación do Circo Romano; a constitución do senado romano e dun grupo de mulleres chamadas as Asemblearias coas que competiran dialecticamente ou as olimpíadas romanas protagonizadas por diferentes clubs deportivos da cidade.

Entre as grandes novidades deste ano destaca a participación de Arsdimicandi, un grupo de gladiadores romanos da zona de Bérgamo, que por primeira vez, visita Lugo e que interactuar cos visitantes durante as súas loitas polas rúas. Estes especialistas, participaron nas recreacións de loitas da serie de televisión Roma. Outra das novidades é a participación de Tierraquemada unha asociación de Numancia na que estudan e recrean as loitas numantinas entre iberos e romanos.

Por outro lado, o Castra de Lucus Augusti será, por segundo ano consecutivo, un espazo natural pechado e situado na rúa Carril dos Fornos, moito máis amplo que en anteriores edicións. Nel montaranse os campamentos das asociacións Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N'Og, e Lvcvs Eqvites. A Cohors III Lucensium asentarase na Praza Maior na que realizará varios desfiles ao longo do fin de semana. Finalmente, o campamento Trebas Galaicas estará situado no cantiño de Nemesio Cobreros.

Tamén o Miúdo Arde, situado na Praza San Marcos, na que se desenvolverá un apertado programa entre os que destaca Qui somnia. Solis et venti para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Carmen Basadre indicou que a cidade está a preparar os motores da festa e explicou que cada ano conta cun un maior número de visitantes, chegando a reunir o ano pasado preto de 400.000 persoas.

O centro histórico da cidade énchese de actividades que recrean os inicios de Lucus Augusti e das que gozan lucenses e visitantes de todas as idades. As rúas engalánanse para transportar a todos os participantes aos tempo da Antiga Roma, cada praza terá actividades para todas as idades, para que todos gocen da festa e que o casco histórico se converta nunha cidade máxica que faga viaxar no tempo.

O Arde Lucus é unha festa para toda a familia na que, a pesar da participación masiva, o programa se desenvolve sen incidencias, polo esforzo que realizan os técnicos da Concellaría de Xuventude e polos demais servizos implicados na festa: Protección Civil, os servizos de limpeza, os servizos eléctricos, a Policía Local e Bombeiros.

Na 12º edición do Arde Lucus haberá máis de 50 actuacións novidosas e ampliase o programa con respecto a edicións anteriores
20/05/2013

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron esta mañá o programa do Arde Lucus 2013, festa que acada este ano a súa duodécima edición co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego e que se desenvolverá dende o 14 ao 16 de xuño. No acto tamén estivo a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín.

Na presentación, Carmen Basadre, que estivo escoltada por membros da Guardia Pretoriana, indicou que estamos xa próximos a unha data moi importante para a cidade como é o Arde Lucus, uns días nos que a Muralla de Lugo abre as súas portas para recibir a multitudes de todos os pobos e de todas as nacións e que se converter na capital do Imperio para milleiros de persoas que se achegan a visitar a única cidade que conserva unha muralla romana en pé con todo o seu diámetro.

Este ano hai máis de 190 actividades, das que 55 son novas con respecto ás edicións anteriores aínda que se seguen mantendo as clásicas? segundo indicou Basadre que, ademais, sinalou que hai varias novidades importantes. Así, por primeira vez na historia do Arde Lucus, vai haber varias actividades con gladiadores romanos chegados de Bérgamo e que interactuarán co público que asista as súas loitas, son os Arsdimicandi, uns especialistas que participaron, entre outros, na serie de televisión Roma.

Outras das novidades é a participación de asociación cultural Tierraquemada de Numancia que se especializou no estudo e escenificación das guerras numantinas e farán unha representación das mesmas en Lugo sobre a vida e guerra dos celtíberos.

Tamén este ano se dan cambios de ubicacións de actividades tradicionais como poden ser os bautizos celtas que este ano se celebrarán na Portamiñá ao carón da fonte, ou as olimpíadas dos clubs deportivos da cidade que pasarán a ser na Praza Maior. Outra das actividades que cambian de situación é o encontro final entre as lexións romanas e as tribos castrexas que este ano será na Porta de San Fernando.

Como en anos anteriores haberá o Macellum, onde se poderán mercar produtos típicos, espectáculos de teatro pola rúa, as vodas e bautizos polo rito celta e romano, desfiles de tropas, as bacanais ou as loitas entre romanos e castrexos. Tamén haberá o clásico Circo Romano, que terá novidades, e o espectáculo de Heroes e Deuses; a constitución do senado romano, formado por veciños da cidade que levarán a cabo diferentes actuacións; a constitución das Asemblearias, un grupo de mulleres guerreiras que a través da dialéctica comprometerá ao Senado; unhas olimpíadas romanas protagonizadas por clubs deportivos da cidade entre as que haberá loitas grecorromanas ou esgrima clásica entre outras moitas actuacións.

A Castra de Lucus Augusti estará situada nun espazo verde situado no Carril dos Fornos, que conta cunha zona ampla para a realización de diferentes actividades. Nel montarán os campamentos as asociacións de Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N'Og, e Lvcvs Eqvites. A Cohors III Lucensium asentarase na Praza Maior que realizará varios desfiles ao longo do fin de semana. Finalmente, o campamento Trebas Galaicas estará situado no cantiño de Nemesio Cobreros.

Tamén é o caso do Miúdo Arde, situado na Praza de San Marcos, na que desenvolverá o seu apertado programa e que se presentará como novidade Qui somnia. Solis et venti e numerosas actividades de teatro e animación para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

A Concelleira de Cultura animou a todos a participar e ?a que a xente desfrute e revivan o noso pasado porque desa maneira tamén estamos facendo historia ademais de que nos tempos complicados que nos tocaron vivir tamén se necesita algo de desfrute moito grazas aos veciños e veciñas que se involucran para que isto saia perfecto?. Basadre tamén sinalou a repercusión económica que teñen estas festas para a cidade polo gran retorno económico.

Neste 2013, puxéronse novamente en marcha obradoiros destinados á comunidade escolar e, a través, da participación das asociacións de recreación histórica da nosa cidade nas actividades do Arde Lucus e nas previas do Lvcvs Cultural.

As empresas patrocinadoras deste Arde Lucus 2013 son: Excma. Deputación Provincial de Lugo, Fundación TIC, La Caixa, Estrella Galicia, Asogal, Gestagua, Caixa Rural Galega, ALSA, Urbaser, Novagalicia Banco, Coca-Cola, CC As Termas, Her-Vei S.L., GADISA, Sanle S.L., Calfensa, OLA, Asociación Española de Fiestas y Recreación Histórica e o Cook.

Ampliadas as visitas guiadas polo Lugo Romano
Martes, 07/05/2013

Ampliadas as visitas guiadas polo Lugo romano enmarcadas dentro do programa Lucus Cultural, os sábados 11 e 25 de maio poderás coñecer un pouco máis da historia da túa cidade, anótate chamando o 010

Os actos culturais do programa LVCVS CVLTVRAL desenvolveranse dende o 3 de maio ao 12 de xuño
Luns, 29/04/2013

Como novidade está a convocatoria do I Certame de Sev Lvdvs Litterarvm Lvcvs Cvltvral que será integramente en Latín e que remata o prazo de presentación o 31 de maio.

A Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as actividades culturais previas ao Arde Lucus, o Lvcvs Cultural, que se celebrarán entre o 3 de maio e o 12 de xuño. No acto tamén estiveron presentes representantes das asociacións de romanos e castrexos da cidade.

Esta serie de actos culturais, englobados baixo o nome 'Lvcvs Cvltvral', divídense en catro grandes bloques: ciclo de conferencias, visitas Lucus Cultural, xornadas temáticas nos diferentes barrios da cidade e actividades.

O ciclo de conferencias comezan o mércores 29 de maio sobre Descubrindo as mulleres galaicas:como era a muller na Galicia romana?, impartida por Ana Suárez Piñeiro, no MIHL dende as 20:00 horas. O Museo Interactivo da Historia de Lugo, tamén é o lugar escollido para a seguinte conferencia, o xoves 30 de maio ás 20:00 horas e impartida por Ángel Villa Valdés, que versará sobre Antes e despois de Lucus Augusti:a vida nos poblados fortificados do Navia-Eo.

Por outra parte, as conferencias organizadas polo Concello e pola asociación Cohors III Lucensium, comezan o 10 de xuño ás 20:30 horas, na que Mercedes Torres Carro falará sobre os De que falamos cando falamos de mosaicos romanos. A seguinte sesión será o día 11 de xuño ás 20:30 horas impartida por Luis Hueso Montón sobre Roma no cine: a historia e a ficción. Finalmente, o mércores 12 de xuño, Silvia González Soutelo departirá sobre a Auga, ás 20:30 horas. Todas estas conferencias terán lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

En canto ás visitas culturais guiadas terán lugar os días 3, 10 e 24 de maio, dende as 11 da mañá, e formaranse grupos de ata 25 persoas para cada unha das visitas. Estas serán visitas ao Lugo Romano, coñecendo os puntos máis destacados da cidade. Os grupos de visita completaranse por orde de inscrición que se poderá facer a través do teléfono 010.

Carmen Basadre tamén anunciou que un ano máis se van levar a cabo talleres nos diferentes barrios da cidade. Así, o 4 de maio as asociacións Terra Copora e Corazóns Artesáns estarán na praza de Augas Férreas dende as 17:00 ás 20:00 horas realizando actividades para nenos e maiores, entre outros, un obradoiro de cestería. O seguinte sábado, o día 11 de maio, Trebas Galaicas e Corazóns Artesáns, levarán a cabo actividades similares na praza do Castiñeiro. O sábado 18 de maio, as asociacións Tir Na N´Og e Corazóns Artesáns realizarán na praza da Milagrosa actividades como tecido nun tear celta ou diferentes xogos. Finalmente, o sábado 25 de maio, na praza da Soedade, haberá actividades como técnicas de tecido e obradoiros infantís a cargo das asociacións Corazóns Artesáns e Cohors I Lucensium Praetoria e Senatus Lucus Augusti.

A responsable da área de Cultura, tamén sinalou que dende o 13 de maio, se poderán visitar diferentes exposicións sobre o Arde Lucus no Museo Interactivo da Historia de Lugo. As exposicións, organizadas pola Asociación Terra Copora, conteñen reproducións sobre Roma en Guerra, Construíndo un Imperio, Corpus Hipocraticum e Cerámica Castrexa.

Enmarcado dentro do programa do Lvcvs Cvltvral tamén se realizaran actividades tan diversas como o desfile de moda Lvcvs Moda o sábado 4 de maio, un mercado de produtos do Arde Lucus con degustación na Praza de Abastos o día 18 de maio ou o Ars Magirica de tapas e menús.

I Certame en Latín

Carmen Basadre, tamén anunciou como unha das novidades do Lvcvs Cultural, a convocatoria do I Certame Sev Lvdvs Litterarvm Lvcvs Cvltvral. Poderán participar persoas de calquera nacionalidade e cunha idade comprendida entre os 14 e os 28 anos de idade coa única condición de que o relato, non superior a dúas carillas dun folio, ten que estar integramente en latín. O tema será a cidade de Lugo dende o punto de vista histórico. O prazo para presentar os traballos remata o 31 de maio de 2013. Os premios establécense en dúas categorías: 14-17 anos cun premio valorado en 300 euros; e para participantes entre 18 e 28 anos nun premio de 300 euros ou unha invitación para dúas persoas á festa do Arde Lucus con aloxamento e almorzo durante as tres noites da fin de semana.

Descargar bases del concurso (PDF)

O cartel que anunciará o Arde Lucus 2013 é obra de Rubén Alejandro Lucas García
Mércores, 13/03/2013

O xurado seleccionou hoxe o cartel nun acto celebrado na Casa da Xuventude

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador a doce edición da festa do Arde Lucus. A obra seleccionada polo xurado presentouse co lema “Arde 2” e o seu autor é Rubén Alejandro Lucas García.

O fallo do xurado produciuse esta tarde na Casa da Xuventude onde se atopan expostos ós 48 traballos presentados ó concurso convocado polo Concello. O gañador recibirá un premio valorado en 1.000 euros.

O Arde Lucus, que está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, celebraráse o, os días 14, 15 e 16 do mes de xuño.

Lugo conmemora por primeira vez o Ano Novo Romano con actividades en colaboración con asociacións do Arde Lucus
Venres, 22/02/2013

Senatus Lucus Augusti e Lugo Monumental organizan unha ruta denominada Vía XIX e unha exposición de moda e complementos romanos.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Raúl Rocha, da Asociación Senatus Lucus Augusti, e de Luis Latorre Real, representante de Lugo Monumental, presentaron unha nova actividade relacionada co Arde Lucus, a celebración do Ano Novo Romano.

Esta iniciativa terá lugar o primeiro fin de semana de marzo e constará de dúas actividades principais: a creación dunha Vía XIX e unha “Vestimenta”. No primeiro dos casos trátase da organización dunha ruta de viños baixo a denominación de Vía XIX, na que participan 20 locais do casco histórico da cidade que venderán unha ficha denominada “salvoconducto senatorial” e na que os participantes, preferiblemente caracterizados de romanos ou castrexos, poderán ir cumprimentando en cada un dos locais participantes e ao final recibirán un agasallo. As actividades comezarán ás 21:00 horas coa reunión do Senatus Lucus Augusti na Praza do Campo e a posterior inauguración da “Vía XIX” ata as 00:00 momento no que se farán unhas badaladas de ano novo na Praza do Campo. A noite rematará ás 00:15 horas co inicio da Festa de Ano Novo na Sala Castelao.

Como era tradición na Antiga Roma, durante as celebracións do ano novo, os romanos realizaban purificacións e aproveitaban para facer cambios de vestiario e de mobles polo que, para evocar a época vaise a organizar o domingo 3 de marzo unha “Vestimenta” no Círculo das Artes. Trátase dunha exposición de moda e complementos da época imperial de Lucus Augusti para que todos os veciños e veciñas de Lugo poidan comprobar as novidades en materiais para a elaboración do próximo traxe de cara ao Arde Lucus 2013. Nesta primeira edición, que estará aberta entre as 11:00 e as 21:00 horas, contará coa presencia de diversas empresas de Lugo que cubrirán todos os sectores implicados para lograr a completa caracterización dos lucenses como son zapaterías, moda, complementos, xoiería…

Carmen Basadre destacou que “é unha boa iniciativa que se celebra por primeira vez e penso que é un bo comezo para quentar motores de cara o Arde Lucus, ademais de que supón unha promoción para o comercio de Lugo de cara a festa”.

O Arde Lucus MMXIII celebrarase os días 14, 15 e 16 de Xuño
Xoves, 27/12/2012

Carmen Basadre anuncia que, nesta duodécima edición da festa, os campamentos poderán estar instalados ata o San Xoán.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, anunciou hoxe que a duodécima edición do Arde Lucus, Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase os días 14, 15 e 16 de xuño.

Carmen Basadre explicou que estas datas foron escollidas para a festa de recreación do pasado romano de Lugo porque, en 2013, as celebracións da festividade do Corpus serán as dúas fines de semana anteriores.

A Concelleira tamén anunciou varias das novidades que marcarán a festa este ano. Basadre avanzou, por exemplo, que se vai ofrecer ás asociacións a posibilidade de “prolongar ata San Xoán o campamento, de xeito que poderá estar aberto, se así o queren as asociacións, dende que comece a festa ata a seguinte fin de semana, inclusive”.

Carmen Basadre anunciou, ademais, que o Arde Lucus MMXIII estará adicado ás mulleres.

“Queremos que haxa moitas Hipatias e moitas Lisístratas, para debatir cos senadores”, explicou a Concelleira.

“Aínda que daquela non había mulleres no Senado, tamén había mulleres loitadoras naqueles tempos, como foron Hipatia e Lisístrata, así que pretendemos que se apunten moitas mulleres para participar nos debates e lograr así unha democracia máis participativa”, sinalou Carmen Basadre.

Basadre anunciou que para organizar esta incorporación das mulleres ó Senado, abrirase no mes de xaneiro, nas oficinas de Xuventude, no terceiro andar do Uxío Novoneyra, unha lista na que se poderán apuntar máis senadores e tamén as mulleres que o desexen”.